A chegada do tranvía a O Porriño e as antigas telefonistas no novo número da revista Malladoura

Como xa ven sendo tradicional nas Festas do Cristo, esta fin de semana chega a rúa a revista de historia do Porriño, Malladoura, editada polo Seminario de Estudios Porriñés. Trátase do número 14 desta xoia en branco e negro na que as imaxes volven a ser protagonistas no repaso dalgúns fitos da historia local: a chegada do tranvía ao municipio, o traballo das antigas telefonistas, a vida do filántropo Manuel Rodríguez ou un paseo polo Porriño do século XVI son algúns dos temas que repasa este número. Ademais achéganos a dúas parroquias da localidade coa veneración a San Diego en Mosende e un repaso pola historia da Entidade Local Menor de Chenlo.

Diego Giráldez, historiador e director da publicación, é o autor do artigo central da publicación: A chegada do tranvía a O Porriño. No traballo queda patente a importancia que este medio de transporte, que chegou á vila no ano 1920, tivo para o desenvolvemento comercial e social do municipio. Ademais, o artigo ilústrase cun importante material gráfico da época. Uns anos despois, en 1924 chega o teléfono á localidade. A xornalista María Díaz  achéganos ao medio século durante o cal as telefonistas do Porriño traballaron na vila. No artigo poderemos lembrar as anécdotas vividas por estas mulleres nos locutorios, contemplar imaxes da época, coñecer a mecánica do seu traballo, etc.

O historiador e seminarista Ángel Carnicero Carrera, volve a vista aínda máis lonxe e convídanos a saber máis do Porriño do século XVI, unha época pouco estudiada dentro da historiografía local. Unha etapa na que o municipio experimenta unha importante transformación e pasa de ser un couto a unha vila.

Outro dos artigos recolle a vida do filántropo porriñés Manuel Rodríguez, home que emigrou con éxito ao Ecuador a finais do século XIX e que colaborou co seus cartos á construcción da capela de San Benito e da igrexa parroquial, entre outras cousas. Dá nome a unha das principais rúas da vila.

O historiador da Arte David Pérez Rego “Cato” volve a colaborar con Malladoura cun curioso e documentado artigo sobre a veneración a San Diego na parroquia porriñesa de Mosende. Outro dos temas achéganos a historia da Entidade Local Menor de Chenlo. Escrito por Iván Vaqueiro, é a primeira vez que se analiza polo miúdo como, durante a Restauración Española, os veciños de Chenlo inician os trámites administrativos que os levarán, en 1920, a constituírense nunha Entidade Local Menor, a máis antiga de Galicia.

Ademais, a revista complétase, como é habitual, coas seccións nas que as fotografías son as protagonistas, nas que vemos O Porriño de antes e o de agora, e a contraportada ilustrada polo pintor porriñes Antonio Fernández Valverde.

 

Advertisements

0 Responses to “A chegada do tranvía a O Porriño e as antigas telefonistas no novo número da revista Malladoura”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: