Inaugurouse a exposición ‘A Boa Educación’ no Porriño

 

:: O horario de visita será 9:00 a 21:00 horas, de luns a venres; e de 19:00 a 21:00 horas os sábados, domingos e festivos ::

A mostra, organizada polo Concello do Porriño, a través do Arquivo Municipal da Imaxe, permanecerá exposta entre o 22 de setembro e o 10 de outubro na aula de exposicións do Centro Cultural Municipal, formando do conxunto de actividades culturais programadas co gallo da celebración das
Festas do Cristo 2008.

O acto de inauguración da mostra contou coa presenza do Alcalde do Porriño, Raúl Francés; do historiador e colaborador na exposición, Ramón Inglesias; e de Fátima Rodríguez, do Arquivo Municipal da Imaxe; de representantes do Museo Pedagóxico de Galicia; e de diversos sectores da sociedade porriñesa.

O Alcalde do Porriño, Raúl Francés, saliantou na súa intervención a importancia da fotografía como documento histórico, e a referencia que o Arquivo Municipal da Imaxe do Concello do Porriño representa a día de hoxe para moitos outros concellos galegos Francés afirmou que “Con esta exposición queremos facer unha homenaxe á escola pública, e as mestras e mestres que formaron xeracións de porriñeses e porriñesas”.

O Alcalde quixo lembrar con especial cariño “a todos aqueles dos que deixamos de ter fotos, aos vencidos, aos que foron borrados do mapa”, en relación aos mestres represaliados pola dictadura franquista após do golpe de estado de 1936.

Raúl Francés comentou a experiencia cooperativa da Escola Unitaria de Budiño a comezos do século  pasado, destacando a figura do mestre Carregal, “o mestre de Budiño foi quen de montar unha cooperativa de producción agrícola cos nenos e nenas da escola, colocando ao noso municipio na vangarda da renovación pedagóxica do mundo na altura, e fomentando unha escola activa, implicada coa realidade social na que se asenta”

Ramón Iglesias, pola súa banda, comezou destacando tamén a importancia da existencia dun Arquivo Municipal da Imaxe no Porriño, “hai cidades como Vigo que non teñen un Arquivo coma este”, afirmou.

Na súa intervención, o historiador fixo un percorrido polas diferentes etapas históricas da educación no Porriño que compoñen a mostra: a escola de primeiros do século XX; a influenza indiana, plasmada no Porriño na Escola Fernández Areal; a construcción da Escola Graduada; a época republicana e os intentos de renovación pedagóxica; a posguerra e a represión; ou a nova renovación coa construcción do instituto do Porriño en 1966.

Por último, Fátima Rodríguez Sío, do Arquivo Municipal da Imaxe do Porriño, definiu a mostra como “un novo reto para o Arquivo, xa que por primeira vez contamos con máis contidos que os  fotográficos nunha exposición, como o material escolar cedido polo Museo Pedagóxico Galego, os textos de Ramón Iglesias, ou diverso material audiovisual”. Fátima adiantou algunhas das actividades que se realizarán durante a exposición, como recollidas orais de experiencias escolares das persoas que visiten a mostra, do 1 ao 9 de outubro en horario de 17:00 a 19:00 horas, baixo o título Historias do Pupitre; ou a colaboración coa Oficina Municipal do Voluntariado, consistente na organización de visitas nas que os nenos e nenas son guiados por persoas maiores a través da exposición.

Advertisements

0 Responses to “Inaugurouse a exposición ‘A Boa Educación’ no Porriño”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: