Aplázase ata o 20 de novembro a vista oral contra Chicho

A Audiencia Provincial de Pontevedra comunicou a suspensión do inicio da vista oral, no xuizo por falsedade documental contra o anterior Alcalde de Salceda de Caselas, José Manuel Fernández Rodríguez e dous imputados máis, que estaba previsto comeza rá este martes, día 23 de setembro.

O anterior Alcalde de Salceda de Caselas enfréntase neste procedemento xudicial a penas de mais de tres anos de prisión, multa e catro anos de suspensión para cargos públicos, solicitadas polo Ministerio Fiscal e
a acusación particular.

Sinalouse nova data para a vista oral: o 20 de novembro do 2008, ás 10:00 horas da mañán.

Está acusado dun presunto delito de falsedade documental nun expediente de contratación dunha obra de mellora eléctrica no Cerquido, lugar da parroquia de Budiño en Salceda de Caselas e a súa certificación cando aínda estaba sen realizar.

Advertisements

0 Responses to “Aplázase ata o 20 de novembro a vista oral contra Chicho”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: