Xosé Manuel Suárez deixa o seu posto como concelleiro en Salceda

:: O alcalde asumirá transitoriamente as áreas de réxime interior, economía e facenda, seguridade, tráfico e persoal ::

Logo dun ano e  un mes de que se asinase o pacto de goberno en Salceda de Caselas e case 20 traballando en prol do municipio dende o BNG, Xosé Manuel Suárez deixa o seu cargo por motivos persoais e laboriais.

Segundo explicou hoxe o alcalde de Salceda, Marcos Besada, entre loubanzas á figura de Suárez, xa no momento  de conformar a lista ás eleccións municipais se chegara un acordo co concelleiro polo que este deixaría o seu cargo tras o mes de xullo. “Agora consideramos que era o momento oportuno”, explica Xosé Manuel Alonso, que se reincorpora ao seu posto de asistencia técnica na Ciga, o que lle obriga a viaxar constantemente a Madrid.

Xosé Manuel Suárez, levaba as áreas de réxime interior, economía e facenda, seguridade, tráfico e persoal. O alcalde da localidade destacou o intenso labor feito polo concelleiro en todas estas áreas, destacando o plan económico e financeiros e o plan de saneamento.

Besada asumirá transitoriamente estas funcións ata que chegue o relevo dende as filas nacionalistas. Un relevo que se incorporará previsiblemente no pleno de outubro pero cuxo nome aínda non foi revelado.

Advertisements

0 Responses to “Xosé Manuel Suárez deixa o seu posto como concelleiro en Salceda”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: