O concello de Salceda terá que indemnizar aos expropiados do parque Raíña Aragonta cun millóns de euros, o 20% do orzamento municipal

:: O anterior goberno pagou as expropiaciósn a prezo de zona verde tratándose en realidade de solo urbano ::

A pesar de ter recorrido a sentencia ante o tribunal de expropiación, o concello de Salceda de Caselas xa da por perdido ese millón de euros que lle custará o parque Raíña Aragonta, ao ter construído o parque en solo urbano e pagar as expropiacións a prezo de zona verde.

“Trátase do parque máis caro do mundo por metro cadrado”, asegura o actual alcalde, o nacionalista Marcos Besada, quen sinala ao anterior rexedor, Xosé Manuel Fernández, como culpable dese desaguisado, ao ter pagado o metro cadrado a 30 euros cando en realidade custaba 201 euros, como acaba de afirmar agora o tribunal. Unha diferencia que agora o concello terá que desembolsar aos propietarios afectados- sete en total -máis o seis por cento de intereses por cada ano transcorrido.

Besada sinala ademais que a primeira empresa beneficiada por estas expropiacións foi Construcciones Caselas, empresa do ex rexedor salcedense

Polo momento a sentencia, que data de abril, está suspendida, ao terse presentado o recurso, pero o concello non ten esperanzas de aforrarse moito máis de 200.000 euros, pois da a razón aos veciños. Trátase en total de sete propietarios que xa manifestaron ao concello facilidades de pago, ao entender que ese millón de euros supón o 20% do orzamento municipal, que é de seis millóns.

“O máis grave é que ese parque nos tería que ter saído gratis”, explica o alcalde quen puntualiza que  Salceda terá “un problema financieiro moi grave ao facer fronte a estes pagos”.

 

Advertisements

0 Responses to “O concello de Salceda terá que indemnizar aos expropiados do parque Raíña Aragonta cun millóns de euros, o 20% do orzamento municipal”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: