Touriño inaugura as obras do Pena de Francia e o novo Mestre Martínez Alonso

Foto Hernández

O Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, inaugurou este 16 de setembro en Mos -xunto á Conselleira de Educación,Laura Sánchez, e á alcaldesa de Mos, Mª Jesús Escudero- as obras dos colexios Pena de Francia e o novo “Mestre Martínez Alonso”.

En primeiro lugar, descubriu unha praca con motivo da inauguración do ximnasio do centro Pena de Francia. Tivo ocasión de falar uns minutos de xeito informal cos rapaces que estudan no colexio e que, neses intres, estaban na clase de Educación Física. Posteriormente, trasladouse ao solar do CEIP “Mestre Martínez Alonso” para asistir ao acto simbólico de colocación da primeira pedra baixo a que quedaron os planos, unhas moedas e xornais do día e cubrición da urna con terra coa axuda dunha pala.

Touriño asegurou sentirse emocionado e satisfeito das obras que se realizaron no Pena de Francia, que “pon en servizo unhas novas instalacións deportivas que supón unha mellora profunda”.  En canto ao centro Martínez Alonso, o presidente lembrou que “era unha reclamación de Mos e da comunidade escolar, unha verdadeira necesidade”. Neste senso, manifestou que “comeza unha nova etapa escolar, un esforzo conxunto a favor da educación cara á igualdade”. En canto ao investimento sinalou que multiplicouse por 3 dende o comezo do proxecto, (investimento de 3 millóns de euros). “Hoxe nace un centro moderno, funcional e cunha estrutura atractiva que servirá ás necesidades”.  Emilio Pérez Touriño asegurou que o novo centro “é referencia da nova etapa educativa en Galicia”.Ao respecto, explicou que Galicia necesita renovar o seu parque de centros educativos e informou que, dende hai 3 anos, incrementouse o 45% o esforzo en infraestruturas.

Pola súa banda Mª Jesús Escudero lembrou que “Tíñamos unha débeda pendente co noso municipio dende 1992, xa hai 16 anos” Segundo a rexedora, este proxecto figuraba no orzamento xeral do Estado, sendo presidente do goberno Felipe González, cunha achega de 150 millóns de pesetas para a construción dun novo centro escolar, Castro Mos. “Daquela, o goberno da Xunta de Galicia ,presidido por Manuel Fraga, desviou ese diñeiro quedando Mos privado do novo colexio”.

Continuou Escudero Lago afirmando que “coa chegada á presidencia da Xunta de Emilio Pérez Touriño, e tras varias xestións do goberno local, Mos va a contar cun novo centro escolar de última xeración e que se converterá no orgullo de Mos” e agradeceu ao presidente “Gracias Presidente por cumprir co noso municipio, doulle as gracias polo apoio á ensino público da noso localidade, que ven de recibir, con estas inversións, unha suma de máis de 4 millóns de euros”.

Tamén quixo aproveitar a ocasión a alcaldesa para agradecer á Consellería de Educación, neste inicio do curso escolar, “o esforzo realizado acerca da gratuidade dos libros de texto, que supón un aforro económico moi importante ás familias”.

Ao mesmo tempo, agradeceu a firma do pacto local coa Federación Galega de Municipios e Provincias, que supón un aforro de máis de 30.000 euros ás arcas municipais en combustible, un diñeiro que o Concello de Mos ten destinado para educación, a Escola de música de Mos e para axudar á asociación de pais e nais de alumnos, no comedor escolar e actividades extraescolares

Advertisements

1 Response to “Touriño inaugura as obras do Pena de Francia e o novo Mestre Martínez Alonso”


  1. 1 diogo 18 Setembro 2008 ás 06:44

    Falta Gerardo na foto


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: