O Arquivo Municipal da Imaxe do Porriño estrea páxina web

 

A páxina web do arquivo, www.arquivodaimaxedoporrino.net , foi presentada nunha rolda de prensa que contou coa presenza do Alcalde do Porriño, Raúl Francés, e de Fátima Rodríguez Sío, do Arquivo Municipal da Imaxe do Porriño

O Alcalde do Porriño, Raúl Francés, informa da presentación da páxina web do Arquivo Municipal da Imaxe do Porriño (www.arquivodaimaxedoporrino.net) O Alcalde sinalou que este proxecto forma parte da aposta do seu goberno por recuperar e poñer en valor o patrimonio cultural do Porriño:  “o Arquivo Municipal da Imaxe ou as Xornadas de Historia do Porriño son bos exemplos desta aposta” , afirmou Raúl Francés.

“O Arquivo da Imaxe adáptase aos novos tempos, e vence os problemas de espazo que sempre afectan ás exposicións convencionais. A presentación desta web supón un avanzo máis na consolidación do noso arquivo, na socialización dun proxecto que agora chegará a máis xente”, afirmou Francés.

O Alcalde porriñés quixo destacar a función social do Arquivo, “O Arquivo Municipal da Imaxe do Porriño, ademáis de poñer en valor o noso patrimonio fotográfico e crear un fondo documental do que carecíamos, ten un claro compoñente de emotividade, retratando a nosa historia, unha historia que saiu das casas particulares para converterse en patrimonio de todos os porriñeses e porriñesas”, afirmou.

Francés quixo lembrar ás entidades colaboradoras, Consellaría do Medio Rural, a través do AGADER; e Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo- MAIV Vigo; así como a Fátima Rodriguez Sío, do Arquivo Municipal da Imaxe; e á veciñanza do Porriño;  “sen o seu traballo e colaboración este proxecto non sería posíbel”, afirmou o Alcalde.

Pola súa banda, Fátima Rodríguez Sío, repasou na súa intervención as distintas seccións que compoñen a páxina web do Arquivo: álbumes temáticos, exposicións virtuais, un apartado adicado aos fotógrafos, sección de novas, resumo das exposicións realizadas até o de agora, ou mesmo un apartado reservado á participación coa aportación de fotografías, entre outras.

“Actualmente contamos con un fondo dunhas 4.500 fotografías, recollidas en grande medida de particulares, dos veciños e veciñas do Porriño. As fotografías do noso Arquivo son solicitadas por diferentes institucións e investigadores, aparecendo en diferentes ensaios e libros de texto”, afirmou Fátima Rodríguez Sío.

As actividades do Arquivo Municipal da Imaxe terán a súa continuidade coa exposición A Boa Educación,  unha mostra sobre a historia da educación no Porriño que permanecerá exposta do luns 22 de setembro ao 10 de outubro no Centro cultural Municipal, dentro da Programación das Festas do Cristo 2008.

 

Advertisements

0 Responses to “O Arquivo Municipal da Imaxe do Porriño estrea páxina web”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: