O PP e Alonso recortan o orzamento de Mos e eliminan dúas dedicacións exclusivas

:: Nidia Arévalo asegura que estas medidas son necesarias para compensar a baixada dos ingresos :: Tanto PSOE como BNG, que acusou a Alonso de revanchismo, apuntaron que “tanto con dedicacións como sen dedicacións imos a seguir estando aí” ::

O goberno de Mos quedarase con tres dedicacións exclusivas das cinco que en principio estaban contempladas no orzamento porque tanto o PP como o concelleiro non adscrito, Gerardo Alonso, consideran que “cinco son demasiadas”. Trátase dun gasto en soldos, segundo Arévalo, que o goberno non pode asumir “se quere pagar o gasto corrente”.

Arévalo cree que os ingresos están moi inflados e por iso  eliminou tres adicacións cun custo total de 86.842.25 euros, a partida do capítulo de urbanismo de conservación de construccións, cun valor de 45.500 euros, os gastos de promoción turística que ascendían a 10.000 euros, dúas asistencias técnicas e os estudos e traballos técnicos, partida de vías e obras que ascende a 22.500 euros e gastos xurídicos, “para compensar o que se baixa en ingresos”. Todas estas medidas tiveron o apoio de Gerardo Alonso, a quen o voceiro do BNG, X.M. Ojea acusou de revanchismo lembrando que “o seu soldo na lexislatura pasada era moi superior ao do resto de concelleiros para igualalo ao que cobraba na empresa privada”.

María Jesús Escudero, alcaldesa de Mos, pediu a Alonso que meditase o seu voto porque “o concello necesita esas dedicacións exclusivas”, apuntando que “a débeda do concello está dentro do marco legal e sitúase dous puntos por debaixo que fai dous anos”. Pediu tamén que se mantivera no orzamento o persoal de confianza, pero nin o PP nin Alonso

Tanto PSOE como BNG apuntaron que “tanto con dedicacións como sen dedicacións imos a estar aí”.

Advertisements

0 Responses to “O PP e Alonso recortan o orzamento de Mos e eliminan dúas dedicacións exclusivas”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: