Cabaleiros celebra festas na honra ao Santísimo Cristo da Vitoria e a Virxe das Dores

:: O broche final á festa será o domingo 21 coa  décima edición da xa tradicional festa gastronómica da Orella e do Rabo de Porco ::

A parroquia mosense de Cabaleiros celebra os días 12, 13, 14, 15 e 21 de setembro festas na honra ao Santísimo Cristo da Victoria e a Virxe das Dores. Comezarán o venres 12 a partir das 22h cunha gran sardiñada gratis que amenizará o grupo folk Airiños do Castelo. O sábado 13 continuarán coa primeira das verbenas programadas nas que actuarán Abanico e Marbella.

A música continuará o día 14 coa banda xuvenil de Torroso e o grupo de baile Santa Eulalia de Mos. La Oca e Tekila de Asturias amenizarán a noite. Xa o luns 15 será o turno das orquestras Gran Parada e Charleston.

O broche final a festa porao a décima edición da xa tradicional festa gastronómica da Orella e do Rabo de Porco. A partires das 12h comezará a degustación no recinto de festas, amenizada polo grupo de sevillanas “Aires del Sur” da Asociación de Mulleres Rurais de Mos e a actuación da charanga Os Val do Tamuxe. Un ano máis a festa gastronómico ven acompañada da VI concentración do Seat 600, co  que novamente se darán cita innumerables clásicos no recinto de festas.

 

Advertisements

0 Responses to “Cabaleiros celebra festas na honra ao Santísimo Cristo da Vitoria e a Virxe das Dores”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: