Salceda celebra esta fin de semana unha gala benéfica contra o Alzheimer

:: Os cartos que se recaden reinvestiranse en medidas para previr e tratar esta demencia no municipio que conta xa cun centenar de casos ::

O Coro Polifónico de Entienza organiza este sábado un festival benéfico para recadar fondos para a asociación Afaga, de Atención e información a familiares de enfermos de Alzheimer. Todos os fondos que se recaden reinvestiranse, segundo o presidente da asociación, para desenvolver programas nesta área xeográfica. Actividades que beneficiarán ao centenar de persoas e familias que sofren esta demencia no municipio.

O festival terá lugar este sábado 13 a partir das 21h no auditorio municipal e actuarán Donicelas, a Banda de Música Xuvenil de Salceda, o grupo folclórico Inquedanzas de Tui e o propio Coro Polifónico de Entienza. O prezo da entrada de 2.50 euros para adultos e de 1.50 euros para os nenos de entre 7 e 14 anos. Os nenos menores desta idade poderán pasar sen pagar entrada pero ocupando a butaca dos pais ou acompañantes.

O concello, a Deputación, Afaga e diversas casas comerciais colaboran con este proxecto.

Advertisements

0 Responses to “Salceda celebra esta fin de semana unha gala benéfica contra o Alzheimer”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: