O Concello do Porriño encarga un estudo para revitalizar a Praza de Abastos

:: O acto de presentación do proxecto contou coa presenza do Alcalde do Porriño, Raúl Francés; do Concelleiro de Comercio, Marcos Rodríguez Novás; e de Sara Torres, en representación do Seminario de Estudos Carlos Velasco ::

“Pretendemos revitalizar o noso mercado para que cumpra con dúas funcións importantes, a función económica de motor do comercio no Porriño, e a función social de espazo de interrelación de porriñeses e porriñesas”, afirmou o Alcalde, Raúl Francés, no acto de presentación do estudo que vai realizar o Seminario de Estudos Carlos Velasco co obxectivo de mellorar o funcionamento da Praza de Abastos porriñesa.

“Desde o Goberno do Porriño pensamos que os mercados non están destinados a desaparecer, máis ao contario, defendemos a súa revitalización como exemplo dun desenvolvemento local sostíbel”, afirmou un Francés que quixo agradecer na súa intervención a axuda da Consellaría de Innovación e Industria e o traballo realizado desde a Concellaría de Comercio, dirixida por Marcos Rodríguez Novás.

“Existe vontade política, un espazo atractivo nun centro da vila peonil, un edificio emblemático, unha mellora na regulación do tráfico da zona; cremos que podemos axudar a crear sinerxias económicas e sociais que beneficien ao conxunto da sociedade porriñesa”, declarou Raúl Francés.

Na súa intervención, Sara Torres, do Seminario de Estudos Carlos Velasco, encargados da elaboración do estudo, pormenorizou as diferentes fases do proxecto. “Primeiro realizaremos unha diagnose, analisando as características dos servizos ofertados desde a Praza de Abastos do Porriño, polo que contaremos coa opinión de clientes e traballadores do mesmo”, afirmou Sara Torres. “Pretendemos facer do mercado un motor económico da vila, captar novos clientes, superar tópicos e prexuizos, e mellorar o nível de vendas beneficiando a todo o comercio da contorna”.

Paralelamente á realización do estudo, a Concellaría de Comercio do Concello do Porriño está a levar a cabo un proceso de regularización das prazas do mercado, que conta rematar a finais deste ano.

“Pretendemos regular o mercado, que foi tradicionalmente un grande esquecido por parte do concello. Queremos profesionalizar o noso mercado porque vemos no mesmo un importante viveiro de emprego para O Porriño. Desde a Concellaría de Comercio  apostamos por traballar para mellorar o pequeno comercio do municipio”, sinalou o Alcalde.

Advertisements

0 Responses to “O Concello do Porriño encarga un estudo para revitalizar a Praza de Abastos”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: