A Banda de Música de Salceda consegue o primeiro premio do Certame de Bandas de Música de Villa de Aranda

:: Asterio Leiva Piñeiro, o director da agrupación foi escollido mellor director ::

A Banda de Música de Salceda segue colleitando éxitos. Tras acadar o primeiro premio do Concurso Zonal de Bandas de Música da Deputación de Pontevedra o pasado mes, conseguiron agora o primeiro premio do prestixioso certame de Bandas de Música de Villa de Aranda, organizado polo concello de Aranda del Duero. Ademais, Asterio Leiva Piñeiro, director da banda salcedense foi galardoado co premio ao mellor director.

O galardón conseguido pola Banda de Salceda ten dobre mérito se cabe, porque competía coas bandas de música gañadoras nos últimos nove anos nunha edición especial deste concurso no que a organización quixo xuntar ás mellores bandas que pasaron por Aranda nos últimos tempos, entre elas a de Salceda. “O listón estaba moi alto”, asegura o presidente da agrupación, aclarando que “competiamos contra algunha das mellores bandas de España, como a de Alcira, en Valencia, que chegou a Aranda cos seus mellores músicos, a maioría profesores ou profesionais”, explica Penas, aclarando que a banda de Salceda apenas consegue reunir os 75 compoñentes que se requirían para o concerto. Si reuniu, o día da actuación a máis de 150 veciños de Salceda que quixeron acompañar aos seus músicos, un xesto que a xunta directiva quere agradecer publicamente.

O certame tivo lugar o pasado 22 de agosto, pero o xurado non comunicou o fallo ata fai dous días. O 12 de setembro regresarán a Aranda do Douro para recoller o galardón.

O segundo e terceiro premio recaeu nas bandas de Matamá e Soneja (Castellón), respectivamente.

Advertisements

0 Responses to “A Banda de Música de Salceda consegue o primeiro premio do Certame de Bandas de Música de Villa de Aranda”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: