Esta fin de semana celébrase a festa dos callos de Salceda

:: Numerosas actividades acompañan este ano á celebración gastronómica ::

 Na rolda de prensa de presentación da XVI Festa dos Callos, que se vai celebrar os vindeiros sábado e domingo, 6 e 7 de setembro, Marcos Besada, alcalde de Salceda salientou que unha vez máis faise unha presentación conxunta desta festa co Concello de Porriño, xa que hai un grande nexo de unión entre os dous concellos que son os Callos e a empresa Frigolouro. En canto a festa en sí, quixo destacar ó igual que o ano pasado que se lle pretendeu dar outra dimensión descentralizando tanto o lugar como o día, e así, tanto o sábado como o domingo, vai haber numerosas actividades tanto na Praza do Concello como no Parque Raíña Aragonta. “Ratificámonos tamén no viño tinto, que este ano vai ser dunha adega da comarca, Señorío de Rubiós, que vai se un complemento inmellorable para a degustación dos callos.” “Por último convidar a todo o mundo a que se acerque a Salceda estes días para disfrutar ó máximo destas festas tan populares”

 Raul Francés, alcalde de O Porriño, mostrouse encantado de estar nesa presentación por dous motivos: porque é o resultado dunha relación de cordialidade entre dous Concellos veciños que están a desenvolver proxectos comúns e porque Frigolouro é algo máis que unha empresa para o Porriño, pertencendo xa á súa idiosincrasia, agradecéndolle a súa dispoñibilidade para estes eventos. “Esta colaboración institucional ten que servir para dar a coñecer e valorizar os productos da zona no exterior” salientou o alcalde de O Porriño.

 Pola súa parte Javier Briones, Conselleiro-Delegado de Frigolouro, reiterou o apoio da súa empresa, punteira en Galicia, a estas festas. Non quixo mollarse no “pique sano” entre os dous concellos comentando que coa Festa dos Callos de Salceda despídese o vran e coa de Porriño dáselle entrada ó outono.

 Alejandro Alonso, que vai ser o cociñeiro xefe da comitiva de Frigolouro para a elaboración de tan exquisito manxar, dixo estar preparado para chegar ás 15.000 racións e incluso superalas se é preciso. Para elo vai empezar a cociñar ás 2:30 horas da madrugada co obxetivo de empezar a despachar ás 10:00, contando cun amplio desplege de medios.

 A Concelleira de Cultura, Teresa Pérez, salientou que xa o sábado vanse poder probar os callos nos bares de Salceda, cociñados por eles mesmos. Comentou tamén que vai haber venta anticipada de tickets o venres e o sábado no Concello. Por outro lado quixo destacar que vanse por a disposición numerosos aparcamentos como o da zona do pavillón ou fincas a cargo de comisión de festas. En canto á programación salientou que o sábado vaise inaugurar o Parque Raíña Aragonta para que a continuación a Banda de Música de Salceda nos deleite con un concerto e a seguir se celebre o II Serán dos Callos, nese mesmo lugar haberá pola tarde xogos para nenos. Durante o fin de semana tamén haberá unha exposición de antiguedades, no Centro de Servizos Sociais, organizado pola Asociación de Xubilados, unha exposición de pintura no Auditorio Municipal, organizado polo Colectivo Taller de Mediodía e o Mercadillo de Outono no Parque Raiña Aragonta, organizado pola Asociación de Comerciantes. Xa o domingo, o encargado do pregón será Pedro Alonso, o coñecido Padre Casares da TVG e a festa estará animada pola charanga N.B.A. Pechará a programación o grupo portugués Canto da Terra, no auditorio municipal.

 

Advertisements

0 Responses to “Esta fin de semana celébrase a festa dos callos de Salceda”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: