A concellaría de Medio Ambiente de Mos proxecta un sendeiro fluvial por Torroso

 

O Concello de Mos , desde o departamento de Medio Ambiente, adscrito á Tenencia de Alcaldía do BNG, representada por Xosé Manuel Martínez Ojea,acaba de solicitar a execución do proxecto dun paseo polo río Perral, afluente do Louro, realizando unha actuación completa en toda a marxe do río.

A citada actuación comprendería a recuperación dos espazos verdes, a eliminación das especies invasoras da vexetación, a recuperación da vexetación da galería do regato, a limpeza da maleza e dos materiais depositados ó longo do río,etc, creando así un espazo de lecer para goce, paseo e encontro dos usuarios, e sobre todo dos veciños e veciñas da citada parroquia.

O tramo de río que se pretende mellorar vai desde o muiño do Avó, perto da Igrexa de Torroso ata o lugar de Ponte da Roma, na entrada da zona de Os Portos, xa nos lindes coa parroquia de Guizán. Deste xeito, mellórase a rede de sendeiros fluviais do noso concello e a calidade de vida dos veciños e veciñas. A concellaría de Medio Ambiente sigue así o traballo anterior doutros concelleiros nacionalistas que apostaron firmemmente pola recuperación das marxes do río Louro.

O Tenente de Alcalde manifesta que, despois do éxito que tivo a creación do Paseo do Louro, do que nos sentimos orgullosos, pretendemos que estos sendeiros fagan valorar a vida dos nosos ríos e impliquen á veciñanza na vida dos ríos para mimalos,coidalos, e que formen parte da vida do pobo como sempre se fixo.

Trátase polo tampo dun tramo importante, fácil de pasear, sen pendentes, e cunha riberia rica, tanto en especies de flora como tamén na importante fauna que se desenvolve ó seu redor. O proxecto será presentado en organismos supramunicipais a fin de conseguir a financiación suficente para levar a cabo esta actuación.

Advertisements

3 Responses to “A concellaría de Medio Ambiente de Mos proxecta un sendeiro fluvial por Torroso”


  1. 1 diogo 3 Setembro 2008 ás 08:26

    Polo menos alguén que traballa no concello. Ademáis os do bloque téñenno demostrado co paseo feito no Louro usado a diario por centos de persoas.

  2. 2 marcelta 3 Setembro 2008 ás 11:49

    Si, todo muy bien pero nadie habla de lo contaminados que estan los arroyos de Mos por no estar funcionando la depuradora de Guillarei. Os invito a que en vez de ir a pasear al Louro vayais a pasear por la parte baja del perral y del que pasa por la Porteliña.
    Con la Naturaleza no se puede actuar de forma tan necia, vendiendo paseos fluviales en las zonas altas de arroyos supra-contaminados en sus zonas bajas por la permisividad y la incompetencia de los gobiernos locales.

  3. 3 diogo 5 Setembro 2008 ás 10:10

    Tes parte de razón no que dis. Os regatos en Mos están contaminados pero peor estaban antes. Lémbrate como baixaba o Louro. De todos os xeitos habilitar un paseo nas marxes dos rios posibilita que moitos veciños coñezan e poñan en valor eses rios.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: