O PSOE porriñés afirma que ‘se abre un novo escenario político cunha dereita sen proxecto’

::O Portavoz do Grupo Municipal Socialista pediu responsabilidade á dereita para facer fronte ós problemas de Porriño e advertiu a Francés que dialogue porque non se pode gobernar a golpe de moción de confianza::

 O Portavoz do Grupo Municipal Socialista, Iván Vaqueiro, que compareceu xunto a Concelleira socialista Maria Josefa Sío, afirmou , que O Porriño abre un novo escenario político, logo de case dous meses de impasse político froito da aprobación dos orzamentos municipais, caracterizado pola “desastrosa imaxe que o PP e os partidos independentes deron á cidadanía do Porriño ó votar en contra dos orzamentos e logo non presentar unha moción de censura”. A dereita, segundo os socialistas, “queda morta, sen proxecto político alternativo, e cun grave problema de liderazgo”.

Sen embargo, os socialistas, afirmaron que a nova situación, non resolve os problemas do Porriño, porque o novo orzamento, pode ser irrealizable se Francés non acada apoios para a súa execución. Polo tanto, segundo o PSOE, “Francés debe dialogar, porque unha cousa é superar a confianza, e outra, gobernar a base de mocións de confianza, algo que non é posible”. Os socialistas amosaron a Francés a súa vontade para negociar a execución do orzamento pero xa lle advertiron que non son partidarios, como afirmaba o BNG fai uns días, de vender o patrimonio municipal, polo que estudiarán caso a caso cada venda de parcela. Ademáis, Vaqueiro esixiu ó goberno que presente canto antes a liquidación do orzamento do 2007, que debía presentarse en Marzo e inda non se presentou, pois é un documento clave para saber se o orzamento presentado é realista ou era unha previsión irrealizable.

O PSOE, que fixo esta valoración da nova situación política do Porriño tras a reunión do seu comité executivo local este martes, afirmou que “o goberno e a dereita deben asumir a súa responsabilidade e tender novamente pontes de diálogo porque Porriño non se pode parar, e non se pode nin paralizar Porriño, nin negarse a dialogar e intentar gobernar por decreto”.

Exercicio de responsabilidade co Porriño

Vaqueiro pensa que o PSOE fixo un exercicio de responsabilidade con Porriño ó absterse para permitir que os orzamentos saíran adiante, e afirmou que Porriño saberá apreciar este xesto dos socialistas porque actuamos con coherencia e responsabilidade cos intereses de Porriño. O Portavoz afirmou que o PSOE non presentará alegacións ó Orzamento, porque suporía paralizalo inda máis, e xa chega tarde, e afirmou que espera que o BNG faga un exercicio de responsabilidade para non entender a superación da confianza como un “cheque en branco”.

O PSOE, pola súa parte, advertiu ó BNG que seguirá facendo unha labor de oposición seria e responsable, coherente coa súa actitude neste primeiro ano de lexislatura, porque O Porriño se atopa paralizado e queda moito por facer. “Os porriñeses teñen claro agora– afirmou Vaqueiro-  que a única oposición seria, responsable e alternativa política ó goberno, despois desta opera bufa da dereita, é a do PSOE”

 

Advertisements

0 Responses to “O PSOE porriñés afirma que ‘se abre un novo escenario político cunha dereita sen proxecto’”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: