Comezan en Mos as obras de construcción do novo CEIP Mestre Martínez Alonso

   

 Coa demolición das vellas instalacións comezaron os traballo de reposición do CEIP “Mestre Martínez Alonso”, en Mos. O antigo edificio, tras varias décadas de uso, estaba nun lamentable estado, sendo imprescindible a súa reconstrución.

     No mes de abril do ano en curso o Delegado de Educación en Pontevedra, Cristóbal Fernández, reuniuse cos pais dos alumnos e vendo a lamentable situación do edificio tomó a decisión da súa reconstrucción.

    O novo colexio Mestre Martínez Alonso contará cunha pista cuberta, amplo comedor, gimnasio e pabellón deportivo dentro do recinto, entre outras instalacións adecuadas a un centro de primerísima calidade. O costo total do investimento rolda os tres millóns e medio de euros. Unha parte dos medios do vello colexio, como as ventás, foron recuperados para ser instalados no coelxio Pena de Francia.

    “Algunhas persoas non crían que se construíse en Mos un centro escolar coas características do que agora levántase. Na década dos noventa, cun goberno socialista en España, os orzamentos do estado contemplaron unha partida de 150 millóns de pesetas para construír un colexio no noso municipio. Nesa época gobernaba en Galicia e Mos o Partido Popular, e o colexio nunca chegou a construírse, desviándose o diñeiro a outros fins. Agora faise realidade esta vella reivindicación da dirección do centro e os pais dos seus alumnos” sinala María Jesús Escudero, alcaldesa de Mos.

    No curso que comeza en setembro os alumnos de educación infantil instalaranse na escola Unitaria de Louredo, á que se lle agregará unha nova aula. Os alumnos de primaria incorporaranse ao CEIP do Carballal, mantendo os mesmos grupos que tiñan no antigo colexio.

   As obras do novo CEIP “Mestre Martínez Alonso” estarán listas para o comezo do curso 2009-2010.

Advertisements

0 Responses to “Comezan en Mos as obras de construcción do novo CEIP Mestre Martínez Alonso”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: