Un director xerente asumirá as funcións de Gerardo Alonso no CDL

:: A alcaldesa de Mos aínda se mostra sorprendida coa decisión do seu exconcelleiro pero aínda alberga esperanzas de que siga votando co grupo socialistas ::

:: “Imos a seguir traballando como se tivesemos maioría absoluta”, asegura a alcaldesa ::

O goberno de Mos está xa a escribir os estatutos que xestionen o consello de administración que nun futuro próximo xestionará o CDL. Este consello terá un director xerente que a efectos prácticos asumirá as funcións que, como concelleiro, tiña Gerardo Alonso. Así o goberno municipal reparte as funcións do agora edil non adscrito, logo de que fora despoxado delas tras o seu abandono do grupo municipal. Esta medida, sen embargo, nnon é nova, senón que xa se tiña pensado nela logo de que Alonso rexeitase a dedicación exclusiva, ao ter aceptado un traballo fora do concello.

María Jesús Escudero, alcaldesa do municipio, informaba esta mañá da medida a tomar no centro de emprego, ao tempo que confesaba que aínda está sorprendida pola decisión tomada polo seu compañeiro de grupo. “Non o esperaba”, asegura Escudero, quen aínda se está a facer a idea de ter que  mirar “a un dos meus homes de confianza como un membro da oposición”.É por iso que, aínda que asegura que Alonso deixou o partido logo de ter conversas co Partido Popular, Escudero aínda ten esperanzas de que o ex socialistas vote co seu anterior grupo.

“Nós imos a seguir traballando como se tivesemos maioría absoluta”, asegura a alcaldesa “Gerardo coñece as nosas cartas, o noso programa electoral, e estou segura de que o apoiará”.Neste senso, Escudero asegura que o concelleiro tamén coñecía os pormenores das negociacións co BNG ao ter sido membro da mesa de negociación, polo que non lle sirve como excusa para ter deixado o seu grupo. Sobre os outros argumentos expostos por Alonso, a alcaldesa asegura que sempre o apoiou na creación do Consorcio de Emprego, que se non se levou a cabo ata o de agora foi porque se dubidaba da conveniencia de que este tema se levase dende un órgano extramunicipal cando na actualidade no CDL xa se estaban xestionando todas as prestacións que na teoría desempeñaría este órgano.

Alonso pasará mañá, no pleno, a ser formalmente un concelleiro non adscrito polo que terá voz pero non voto nas comisións informativas e quedarase sen as constraprestacións económicas por asistencia. En canto ao partido, xa se está a tramitar a súa expulsión, válida polos acontecementos das últimas semanas, pero tamén porque dende o mes de xaneiro levaba sen pagar a cuota de militante. Ao parecer, segundo informou hoxe Manuel Castro, membro da executiva municipal, dera orde no banco de non pagar.

Tanto executiva como grupo socialistas piden ao edil que deixe a súa acta de concelleiro para que no seu lugar pase o seguinte na lista. “Legalmente ten dereito a quedarse coa súa acta de concelleiro, pero moralmente non é correcto, non son listas abertas”, asegura Escudero, apuntando que Alonso sempre fora desta idea.

A pesar da sorpresa, da desilusión e consternación no partido, tanto a executiva como a alcaldesa quixeron destacar a boa actuación de Alonso na súa concellería e o traballo feito nos últimos cinco anos.

Advertisements

4 Responses to “Un director xerente asumirá as funcións de Gerardo Alonso no CDL”


  1. 1 Pedro 27 Agosto 2008 ás 12:40

    Este “cONCELLEIRO”,DEBERIA DEIXAR AXIÑA PASO A SIGENTE DA LISTA,NON E MERECEDOR DE PERTENCER A CORPORACIÓN MUNICIPAL DE MOS. E NON CREO QUE NINGUN VOTANTE SOCIALISTA LLE PERDOE A FALCATRUADA QUE FIXO

  2. 2 maria 27 Agosto 2008 ás 23:07

    O PP ten que gobernar en Mos. Ten 8 concelleiros fronte os 6 que obtivo
    o PSOE e os 3 do BNG.
    PSOE e BNG non se entenden.
    PP e BNG terminaran por presentar a moción de censura, senon o tempo.

  3. 3 diogo 28 Agosto 2008 ás 06:52

    O tempo pon a cada un no seu sitio.
    1 – Queda claro que o retraso do pacto BNG-PSOE foi causado polas diferencias internas do Psoe e non porque o BNG non quixera pactar tal e como afirmaba a alcaldesa.
    2 – Cando metes nas tuas listas electorias antigos afiliados do PP corres o risco de que a mínima volten o seu lugar de orixe. Quen traizoa unha vez, traizoa dúas e tres.
    3 – Resumindo. Quen con crios se deita cagada se levanta.
    P.D. – Todos e todas aquelas que nas ultimas municipais votaron Psoe pensando que votaban esquerda e progreso saben agora que tiraron o seu voto.
    Aviso: Se marcha Gerardo… entrará Concha. Aaaahhhh!!!

  4. 4 mariana 28 Agosto 2008 ás 09:34

    O que nunca seria lóxico e que chegara a gobernar o PP en Mos.

    Mos e un pobo que a maioria somos traballadores, e polo tanto somos das esquerdas, os resultados electorais ben o reflicten:

    PP 4133 votos ó 44 %

    PSOE e BNG 4947 votos ó 49,47 %

    O Xerardo Alonso, o mellor que pode facer polo ben todos e -tamen sempre polo seu ben-, e que se large para sua casiña e non volva a sair dela, nos defraudou a os que votamos por el de un xeito ben miserable.
    O que nos faltaba os mosenses e que voltara o PP,cando nos tiveron abandoados nos últimos cen anos, e segen xa que no ùltimo pleno un dos mais importantes, donde se debatian os orzamentos, se levantan e abandonaron,posiblemente e que non estudiaran a lección


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: