Faltriqueira actuará no Porriño o 6 de setembro

 

::Grazas a sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello do Porriño e a Obra Social da Fundación Caixa Galicia, Faltriqueira actuará no Porriño o 6 de setembro::

 O Alcalde do Porriño, Raúl Francés, amosou a súa satisfacción durante o acto de sinatura do convenio, “ este convenio vai permitir que os porriñeses e porriñesas podan gozar gratuitamente dun dos grupos máis fescos e innovadores da nosa música tradicional, dun grupo de primeiro nível dentro da música con raíces como é Faltriqueira” , afirmou o Alcalde, Raúl Francés.

O grupo Faltriqueira encarna a corrente máis fresca do panorama xurdido das fontes da música tradicional. Fusionando a polifonía coas percusións e os instrumentos acústicos, Faltriqueira son un proxecto vocal autónomo que foxe da ríxida tradición e dota de nova vida a cancións recollidas en diversas latitudes, non só na súa Galiza natal.

Iniciadas en Orballo, grupo folclórico do seu Pontedeume natal, recollen a herdanza tradicional das cantantes pandeireteiras enchoupándoa da súa xuventude, naturalidade, gosto e achegamento a diferentes estilos musicais próximos e lonxanos xeograficamente.

Colaboraron en gravacións e acompañaron en concertos a Luar na Lubre, Mike Olfield, Oskorri, Kepa Junkera, Vívtor Manuel, antes e despois dun debut discográfico editado a finais do 2002 e distribuido por medio mundo.  Faltriqueira (2002) levounas á portada da revista Folk Roots, referente da música con raíces, outorgándolles grande aceptación entre a crítica especializada.

Tras ofreceren concertos por toda a Península Ibérica e por distintas partes do mundo, chegou a agardada continuación discográfica  Efffecto Faltriqueira  (2006).

A complicidade co público está asegurada grazas á sinxeleza e naturalidade que sempre  acompaña ás voces frescas de Ana, Carolina, María e Teresa.

Advertisements

0 Responses to “Faltriqueira actuará no Porriño o 6 de setembro”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: