Raúl Francés: “Demostramos que non estamos en política para manternos

:: O Alcalde do Porriño, Raúl Francés, compareceu hoxe ante os medios de comunicación para facer balanzo do proceso polo que se ven de aprobar o orzamento do ano 2008 ::

O orzamento aprobouse tras ter vencido o prazo dun mes para que a oposición presentara unha moción de censura, sen que esta se producira, nun proceso iniciado despois de que o Alcalde vinculará a aprobación das contas a unha cuestión de confianza.

Raúl Francés afirmou que o Grupo de Goberno do Bloque Nacionalista Galego fixo os seus deberes, “afirmamos no seu momento que O Porriño non podía continuar cuns orzamentos prorrogados desde o 2002, demostramos que non estamos en política por manternos nun cargo vinculando os mesmos a unha custión de confianza, e agora que se confirmou que non existe alternativa, encargarémonos de xestionar os orzamentos como Goberno lexítimo do Porriño que somos”.

Francés declarou que no último mes se ten falado máis de quen ocuparía a Alcaldía que dos proxectos de futuro para O Porriño. A este respecto, o Alcalde manifestou que desde o Goberno do BNG non se xogou nen se lanzou nengún órdago como teñen manifestado algunhas forzas políticas, máis ao contrario: “Fixemos o que tiñamos que facer, iniciamos o proceso presentando un proxecto de orzamento cun mes de antelación ao seu debate no Pleno, con tempo suficiente para seren estudados polos grupos; buscamos consensos con uns grupos da oposición que se negaron a negociar e non presentaron alegacións nen propostas de modifacións do texto; levamos o asunto a Pleno e abrimos a posibilidade de que a oposición presentara unha alternativa en forma de moción de censura inculando o proxecto a unha cuestión de confianza”. “Ao meu ver, quen estivo xogando co Porriño foron outros, que anunciaron a formación dunha coalición de goberno que non se levou a cabo, ou falan dunha situación económica catastrófica que non existe”, afirmou o Alcalde.

Neste sentido, o Alcalde quixo destacar o papel xogado no último mes polo Presidente da deputación, Rafael Louzán, “Intentando mudar o Goberno do Porriño inmiscuíndose noutra administración”. “Ao señor Louzán quérolle decir que os porriñeses e porriñesas sabemos gobernar a nosa casa”, afirmou Raúl Francés. “O que ten que facer a Deputación de Pontevedra é mellorar o lamentábel estado das súas estradas ao seu paso polo Porriño, ter conta das obras iniciadas no concello, e investir no Porriño de acordo coa importancia que o noso concello ten . Actualmente, a Deputación somentes inviste no Porriño a porcentaxe obrigada por lei”, afirmou Francés.

Raúl Francés amosouse a súa sorpresa polas “rebaixas” efectuadas polo Partido Popular do Porriño durante as negociacións levadas a cabo polas forzas de centro-dereita, indicando que as mesmas debéronse a presións exercizas desde a dirección do partido en Galiza. O Alcalde do Porriño non quixo rematar a comparencencia ante os medios de comunicación sen lembrar aos seus compañeiros e compañeiras na equipa de goberno.

“Quero saliantar a xenerosidade amosada polos compañeiros e compañeiras do BNG no Goberno, quenes estiveron castigados sen adicacións exclusivas por unha oposición que ao final non foi quen de presentar unha alternativa. Isto supuxo unha dificultade engadida, ao teren que compaxinar os seus traballos coa actividade como concelleiros e concelleiras. Os meus compañeiros e compañeiras deron muito polo concello no último ano, facendo esforzos en todos os sentidos: laboral, familiar, etc, e demostrando unha xenerosidade merecedora do recoñecemento de todos e todas”, afirmou Francés.

Advertisements

2 Responses to “Raúl Francés: “Demostramos que non estamos en política para manternos”


  1. 1 diogo 26 Agosto 2008 ás 11:18

    Menos mal que volvestes das vacacións. Con todo o que pasou na Louriña, (moción no Porriño, transfuguismo sociata en Mos, etc.) e a única fonte fiabel de información que non descansaba era a de vigometropolitano.opusdei.com.

  2. 2 diogo 2 26 Agosto 2008 ás 16:19

    A verdade e que os outros periodicos buscan polémicas para vender e por iso non van de vacacions. A verdade que non saben o que inventar, a dereita de Porriño que se reune e teñen un principio de acordo e despois rachan, un concelleiro do PSOE de Mos que abandona a disciplina de partido estando no goberno… Etc. Todo inventado por mentes retorcidas que escriben no Faro e noutros medios.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: