Estáncase o posible pacto entre os partidos da dereita no Porriño

:: Carrera: “Non lle ímos poñer a alfombra vermella a ninguén” ::
:: Santos: “Mantemos a nosa palabra. Queremos a alcaldía” ::
 :: Ordóñez: “¿Que pasa?. ¿Os votos de CxP valen doble?”
::

A día de hoxe non se presentou ningunha moción de censura no rexistro municipal do Concello. Das  declaracións feitas a este xornal- ao seu peche-  por parte dos  líderes dos tres partidos protagonistas deste hipotético pacto (PP, CxP e IdeP), deducimos que a cousa está bastante estancada. Albiscamos que o posto de alcalde é o tema primordial que os partidos poñen sobre a mesa e ao mesmo tempo o principal escollo que pon freo ás negociacións.

Diego Giráldez

Manuel Carrera, Nelson Santon e Gonzalo Ordóñez  falaron para A Peneira da Louriña. Os tres son prudentes nas súas declaracións e comezan a conversa coa frase coa que nos almorzamos case todas as mañáns: “todavía non hai nada”. 

Manuel Carrera, líder dos populares porriñeses, confésanos que el mesmo mantivo “reunións con Nelson Santos e co seu número dous”. “Tamén mantiveron reunións coa dirección do meu partido”, apuntounos. Carrera o ten claro: “Nós somos o partido máis votado e non lle vamos a poñer unha alfombra vermella a ninguén. É por isto que a alcaldía debe ser para o PP”. O líder popular afirma que os seus votantes “non entenderían outra posibilidade”. Por outra banda, e segundo nos conta o voceiro popular, nas reunións CxP chegou a prantexar varias posibilidades: “primeiro Santos como alcalde, logo que Ordóñez e Santos deixaran o seu posto para darlle paso ao número catro dos  ciudadanos (José Manuel Cabanelas), logo prantexan á súa número tres (María del Carmen López Palacín)… en fin,  están a complicar o proceso de negociación”, declarou.

Pola súa banda, o voceiro de CxP, Nelson Santos,  o máis conciso nas súas declaracións,   confirma que están a manter diferentes reunións para tentar chegar a un acordo “aínda que polo momento non se chegou a nada”. Onde si se amosa rotundo é á hora de defender o seu prantexamento, a mesma postura que o seu grupo adoptou no pasado pleno de investidura: “Mantemos a nosa palabra, queremos a alcaldía”.

Esta postura é a que critica con dureza o voceiro de IdeP, Gonzalo Ordóñez, quen di que “eu tamén fixen méritos para solicitar a alcaldía pero son consciente de que o pobo non o quixo así. ¿Que pasa? ¿os votos de CxP  valen doble? ¿os votantes de CxP están máis cualificados que os do resto?. Nós mantemos o que vimos dicindo, ten que ser alcalde o cabeza de lista do partido máis votado dos tres (referíndose a Manuel Carrera)”.  Ordóñez danos conta tamén de algo inédito en todo este proceso: “chegamos a suxerir que si o problema era un enfrontamento entre Carrera e Santos, o PP prantexara a súa número dous (Eva Álvarez) como candidata”. Carrera e Santos negan categóricamente este “enfrontamento” do que fala Ordóñez.

Nada está feito todavía e o proceso está estancado e o centrodereita porriñés continúa dividido. O que si teñen claro tanto Carrera como Ordóñez é que se agora non se poñen dacordo “á larga pasaríanos factura terriblemente”.

Lé a opinión de Jénnifer Castrovello no seu blog

0 Respostas to “Estáncase o posible pacto entre os partidos da dereita no Porriño”



  1. Deixar un comentario

Deixar un comentario