Ordóñez: ‘En democracia os gobernos fanse cos votos recibidos e non sobre ambicións personais’

 

Entrevista_ Gonzalo Ordóñez_ voceiro de IdeP

A Peneira da Louriña quixo entrevistar a Gonzalo Ordóñez, xefe de filas dos Independientes de Porriño. Nestes momentos nos que no municipio non se fala doutra cousa que dun posible pacto entre os tres partidos de centrodereita (PP, CxP e IdeP), Ordóñez ten moito que dicir, que decidir. Ninguén dubida que este político porriñés é un home clave para chegar a  consolidar un posible goberno de fisionomía conservadora. Ordóñez está no epicentro dos acontecementos; é por isto que quixemos falar con el.

– No Porriño non se fala doutra cousa, sobre si haberá pacto , vostede que cree?

-¿Pacto? Sen dúbida. Nembargantes, a miña percepción é que o verdadeiro pacto vén xa de atrás, non arranca coa moción de confianza.

— É vostede a chave?

-Dese non, e do que se fala evidentemente tampouco: Nós vimos reiterando que si os veciños do Porriño votaron unha opción de centro, a esa soberana vontade debemos aternos todos. En IdeP non xulgamos agora os comportamentos de quenes prometeron unha cousa e están a facer outra, nin sequera das insidias e calumnias que verteron contra a nosa formación, exemplo de honrar a palabra dada. En democracia os gobernos fanse cos votos recibidos e non sobre ambicións personais.

– Rumoréase a posibilidade dun alcalde que non sexa do PP. Pasaría vostede por un pacto cun alcalde de Ciudadanos? Xa sexa Nelson Santos, xa Xosé Manuel Jacobo…

-Os veciños de Porriño xa dixeron fai poucos meses a quen preferían dentro da opción de centro e nós somos persoas serias. Se alguén quere xogar o parchís que o faga en outro taboeiro e noutras compañas.

-Os socialistas están xa fóra dun goberno alternativo?

-Desexo que non sexa así, porque en Porriño todos somos necesarios, sobre todo en situacións tan graves como a actual. Si os concelleiros socialistas manteñen esta decisión terán renunciado a constituirse en alternativa do BNG para moitos anos.

– Para rematar quen cree vostede que se degustará os callos este ano como alcalde do Porriño?

-Sempre serei respetuoso coa vontade popular, sexa a que sexa, polo que desexaría que fose a opción de centro encabezada pola forza máis votada; ou ben polo Alcalde que acade o consenso expreso maioritario, e non quen rexeita contar cos demáis.

 

 

Advertisements

0 Responses to “Ordóñez: ‘En democracia os gobernos fanse cos votos recibidos e non sobre ambicións personais’”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: