Importantes mestres e actuacións na semana musical de Salceda


O Concello de Salceda de Caselas vai ser o lugar de encontro para perfeccionar e escoitar boa música dende o 4 ó 9 de agosto. Así o manifestaron Santiago Lorenzo, Secretario da Asociación Amigos da Música, Marcos Besada e Teresa Pérez, Alcade e Concelleira de Cultura de Salceda respectivamente, nunha rolda de prensa que tivo lugar o luns 28 na que se presentaba a IV Semana Musical de Salceda.

Santiago Lorenzo explicou os pormenores tanto do curso como das actuacións complementarias que terán lugar esa semana tanto no Auditorio Municipal como na Praza do Concello. Quixo destacar que o 70% dos alunnos inscritos no curso proveñen de fora de Galicia, incluso van chegar algúns dende Venezuela o que da conta do prestixio e calidade deste evento. A maioria veñen a perfeccionar o seu instrumento logo de acabar os seus estudos en conservatorio. O número de alunnos ronda os 90 e aloxaranse nun albergue preparado para tal fín no Ximnasio do Colexio Altamira. Por outro lado, “este ano, para as actuacións musicais, complementarias, apostouse por distintos tipos de música, como o jazz e o folk, ademáis dos mestres que darán conta da súa calidade en directo”.

 Marcos Besada, Alcalde de Salceda de Caselas, sinalou que o Concello apoia firmemente este proxecto porque cunpre tres obxetivos fundamentais: a difusión cultural e musical, o apoio a actividades para a xuventude que formen e complemente o horario extraescolar e a proxección do Concello a nivel turístico do que se beneficia o sector hoteleiro. “Este é un proxecto central na área de cultura e quero destacar tanto a labor fundamental da Asociación Amigos Da Música, xa que fai que máis de 200 rapaces aprendan música nas súas instalacións como por outra banda o compromiso e apoio financieiro da Xunta de Galicia, entidades financieiras e empresas privadas do entorno sen as que non sería posible este gran evento.

Os prestixiosos mestres dos distintos instrumentos provintes de EEUU, Holanda e España  serán os seguintes:
TUBA: Gene Pokorny  -Tuba principal da Chicago Symphony Orchestra (EEUU)
TROMBÓN: James Markey -Trombón da New York Philharmonic (EEUU)
TROMPETA: Mark Ridenour – Trompeta principal da Chicago Symphony Orchestra (EEUU)
CLARINETE: Vicente Alberola – Clarinete Principal da Orquesta Simponica de Madrid
DIRECCIÓN DE BANDA: Jose Rafael Pascual-Vilaplana – Director da Orquesta Sinfónica de Albacete
MASTER-CLASS PARA GRUPOS DE CAMARA -A cargo do grupo de trombóns New Trombone Collective de Holanda.

O programa das actuacións é o seguinte:
Martes, 5: Grupo de Trombóns New Trombone Collective
Mércores, 6: James Markey, Trombón baixo da New York Philarmonic.
Xoves, 7: Mark Ridenour, Trompeta Solista da Chicago Symphony Orchestra
Venres, 8: Gene Pokorny, Tuba principal da Chicago Symphony Orchestra
           Noite de Jazz na Praza do Concello con Xan Campos Quinteto
Sábado, 9: Banda de Música Cultural de Salceda dirixida por José R. Pascual Vilaplana, Director da Orquesta Sinfónica de Albacete.Grupos de instrumentos formados polos alumnos do curso.
          Noite galega coa actuación do grupo folk Mutenrohi na praza do concello

Os concertos dos profesores estarán acompañados polo pianista Alejo Amoedo 

Advertisements

0 Responses to “Importantes mestres e actuacións na semana musical de Salceda”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: