PP, IdeP e CxP teñen trinta días para presentar unha moción de censura

Foto Hernández

:: Dirixentes de PP e de CxP comezaron as negociacións esta mesma mañá nunha céntrica cafetería da localidade segundo puido saber A PENEIRA DA LOURIÑA ::

 

Logo dunha sesión de máis de tres horas e un salón de plenos ateigado de público e medios de comunicación, as contas presentadas polos nacionalistas non foron aprobadas e, polo tanto, o alcalde Raúl Francés perde a cuestión de confianza vinculada ás mesmas. A través dunha votación nominal os corporativos foron emitindo o seu voto; Partido Popular, Independientes de Porriño e Ciudadanos por Porriño amosáronse en contra dos orzamentos; os socialistas abstivéronse e os nacionalistas votaron a favor. Este desenlace abre un novo panorama político no municipio: os tres partidos que conforman o centrodereita teñen a posibilidade de, nun prazo de trinta días, levar adiante unha moción de censura. No caso de que non fora así, as contas quedarían aprobadas e Francés ratificado como alcalde.

 “Por incoherencia”

O portavoz do PP, Manuel Carrera, volveu a facer fincapé, igual que no pleno anterior, na “falla de tempo que os grupos da corporación tiveron para analizar o documento económico”, pero desta volta si entrou no debate e fixo unha valoración das contas. En canto á proposta da moción de confianza a Carrera pareceulle “coherente”. “Deberíase ter presentado antes”, sinalou. Xustificou o voto en contra do seu grupo “por incoherencia e non estar preto da realidade deste pobo”.

 

“Que dimita o alcalde e que poñan a Pereira”

Por outra banda, o grupo de Ciudadanos por Porriño volveu a facer unha crítica pormenorizada aos orzamentos presentados polo grupo de goberno. O seu portavoz Nelson Santos sinalou que “alguén está mentir en canto as contas” e que o Concello está “empeñado cunha débeda de 18.000.000 de euros”.

A sorpresa xurdiu cando o concelleiro deste grupo independente José Manuel Jacobo Vázquez, logo de intervir falando do plan de inversións, pediu a dimisión do alcalde: “agardo que haxa outro alcalde, si é da oposición mellor e si ten que ser vostede de novo mellor dimita e déixelle o cargo a Pereira”, concluiu.

 

“Non consolidaremos un goberno de centrodereita”

Os socialistas abstivéronse. Iván Vaqueiro, portavoz municipal do PSdeG-PSOE, lembrou “que esta situación foi provocada por vostedes mesmos- referíndose aos nacionalistas- por negarse a establecer unha maioría de goberno tal e como lle propuximos”. “Porque non queremos consolidar un goberno de centrodereita e porque entendemos que é importante que os orzamentos saian adiante non imos votar en contra, imos a absternos, pero que saiba que as formas que demostraron non foron as correctas”, setenciou Vaqueiro.

 

“O Porriño non é un tableiro de xogos”

Os Independientes de Porriño, a través do seu portavoz Gonzalo Ordóñez, quixeron deixarlle claro a Francés “que O Porriño non é un tableiro de xogos” e que”vostede o que realmente quere son uns orzamentos aprobados para tres anos que lle sirvan para facer escarnio da oposición. Isto é un órdago político”, concluiu. Durante a súa intervención lanzou algúns comentarios relacionados coa posible moción de censura de centrodereita: “si despois do desastre que vostede está a facer, os doce concelleiros da oposición non chegamos a un acordo é mellor que marchemos para casa”.

 

“Queremos desbloquear a situación”

Pola súa banda Pedro Pereira, portavoz do BNG, arremeteu contra o comportamento da oposición dicindo que “un pobo como O Porriño non a merece”. Ante as críticas de Ordóñez, que tachou ao goberno de “antidemocrático”, sinalou que “dicir que con cinco concelleiros de dazasete somos antidemocráticos é porque non hai argumentos”. “Queremos desbloquear esta situación xa que un goberno, dá igual de que cor política, non pode manter unha situación nestas circunstancias”, sinalou. Quixo tamén deixar claro que “si a corporación así o decide, irémonos con dignidade, coa conciencia limpa e a cabeza alta”.

 

A negociación comeza nunha coñecida cafetería da localidade

30 días teñen os tres grupos do centrodereita do Porriño para chegar a un acordo de gobernabilidade. Polo momento non penden o tempo e as negociacións comezaban a primeira hora desta mañá nunha coñecida cafetería da localidade. Os concelleiros de Ciudadanos e algúns dirixentes municipais e autonómicos do Partido Popular degustaron o primeiro café da mañá xuntos e co pacto entre os beizos nun céntrico establecemento segundo puido saber A PENEIRA DA LOURIÑA. Osmáis madrugadores fonron sen dúbida os dirixentes de Ciudadanos, que mantiveron unha xuntanza previa á reunión cos populares na cafetería dun hotel porriñes.

 

Esta é a primeira reunión entre PP e CxP logo de que Raúl Francés perdera a moción de confianza, aínda que non a primeira que manteñen tras as eleccións. Dende entón cambiou o panorama político, e tamén a argumentación dalgúns dos líderes destas forzas políticas que, nesta ocasión, queimarán todas as posibilidades para chegar a un acordo.

 

 

 

 

Advertisements

1 Response to “PP, IdeP e CxP teñen trinta días para presentar unha moción de censura”


  1. 1 Manuel 29 Xullo 2008 ás 07:06

    Eu hai unha cousa que non entendo nesto da politica (para todos os partidos) É que si unha cousa é negra e negra sempre e non gris, isto é: Si o PP defende a capa e espada que a lista maís votada sea a que goberne sempre, non entendo que a primeira de cambio se contradigan e queran facerlle unha moción de censura a lista maís votada e sobre todo Louzan. E decir a lista maís votada en Porriño e a do Bloque por tanto debería ser o partido que gobernara. E para rematar o importante e o pobo e o avance do pobo non o lucimento persoal, o digo porque Porriño leva moitos anos de retraso por culpa de anteriores (malos) gobernos. Hoxe en día podería ser unha das población maís grandes de Galicia (despois claro das grandes ciudades). Asi que Señores concelleiros no volvamos a meter a PATA.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: