Pose asegura que “o PSOE en ningún caso vai a favorecer un goberno de dereita no Porriño”

:: O coordinador provincial do PSdeG-PSOE asegura que se se volve a conformar un goberno de dereita “o único responsable é o BNG e o actual alcalde” ::

O coordinador do PSdeG-PSOE na provincia de Pontevedra, Modesto Pose, ven de asegurar a A PENEIRA DA LOURIÑA que “o PSOE en ningún caso vai a favorecer un goberno de dereita no Porriño”, excluíndose así da primeira liña de fogo nas negociacións para unha moción de censura. Neste senso Pose mostrou o seu apoio e o de toda a dirección socialista as decisións tomadas ata agora “los compañeiros do Porriño”, que califica de “cen por cen acertadas”. Dende a dirección provincial adiantan tamén ao apoio ás decisións que se tomen no futuro.

“Se a dereita volve a gobernar no Porriño, a única responsabilidade será do BNG e o actual alcalde, froito da súa prepotencia e irresponsabilidade ao non querer o apoio do PSOE para gobernar”, asegurou esta mañá o dirixente socialista, lembrando que “o PSOE sempre tivo a man tendida e a seguirá a ter”, pero deixando claro que a xogada de Francés parécelle “a de quen se cree un tahúr da política que tenta enganar con estas manobras aos veciños”.

Ata o último momento os socialistas agardaron un pacto de goberno con nacionalistas e independentes, pero chegado ao punto de conformar un goberno de dereitas deixan o camiño despexado. Xa no pleno de onte os tres concelleiros socialistas se excluían, coa súa abstención, do xogo de censores.

Advertisements

0 Responses to “Pose asegura que “o PSOE en ningún caso vai a favorecer un goberno de dereita no Porriño””



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: