Xa está aberta a nova aula de estudo de Salceda

A Concelleira de Ensino, Emprego e Formación, Marina Cabaleiro informa a tódolos interesados, que o martes día 22 de Xullo abríu a nova Aula de Estudo en Salceda. A aula está situada no primeiro andar, ó lado da aula destinada a aula de informática (Telecentro) no Centro de Desenvolvemento Local do Torrón, o horario de funcionamento diario, será de luns a venres, de 9:00 a 21:00 horas, en horario continuado. A Concellería acondicionou esta aula temporalmente, mentrás non se rematen os traballos de restauración, que esta concellería está a levar a cabo no Concello Vello, onde estará ubicada a nova biblioteca xunto coa sala de lectura, entre outros.

A creación de esta aula provisional, xurdíu a raíz da demanda de estudantes, na súa mayoría universitarios, que se ven obrigados a desprazarse a concellos limítrofes para poder preparar os exames de setembro. A aula estará aberta ata o 19 de Setembro, con posibilidade de ampliar este plazo, dependendo da demanda e necesidade dos usuarios, ata que rematen as obras citadas con anterioridade e se reubique no Concello Vello. A concellería espera que tódolos estudantes, non só os universitarios, fagan uso dela, e lles sexa de utilidade na súa formación. Esta concellería está a disposición de todos para tódalas suxerencias, ideas ou aportacións que calquera persoa queira facer e que conleven melloras no eido educativo.

 

 

Advertisements

0 Responses to “Xa está aberta a nova aula de estudo de Salceda”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: