Salceda participa na campaña de doazón de sangue

O Concello de Salceda de Caselas e o Centro de Transfusión de Galicia ( CTG ) implusan unha iniciativa para promover a participación das veciñas e veciños nas campañas de doazón, e deste xeito garantir a labor asistencial nos centros sanitarios galegos, que van a precisar ó redor de 44.000 doazóns de sangue nos meses de verán.

As persoas que desexen participar poden acudir, á unidade móbil na Praza do Concello de SALCEDA DE CASELAS o LUNS, 28 DE XULLO,  de 10.00 ás 14.00 e 16.00 ás 21.00 Hs.

O Concello de Salceda de Caselas e o CTG amosan o seu agradecemento a tódolas veciñas e veciños que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue e permiten deste xeito que moitas e moitos enfermos recuperen a súa saúde. O pasado ano 2007 houbo 271 doazóns no noso Concello, o que nos permitiu acadar o índice de doazón de sangue recomendado pola Organización Mundial da Saúde. O noso obxectivo é manter este nivel de participación para que o no noso Concello sexa un dos máis solidarios de Galicia.

Como é sabido, no verán moitas persoas disfrutarán dunhas ben merecidas vacacións, pero as enfermas e enfermos ingresados nos hospitais seguirán necesitando sangue tódolos días…, para elas e eles non hai vacacións. Nestas datas a doazón de sangue é aínda máis necesaria, grazas pola túa solidariedade e pola túa doazón de sangue.

Quero facer un chamamento para que participedes na campaña de doazón de sangue nestas datas. A falla de sangue pode ocasionar graves problemas, poñendo en perigo moitas vidas. Se tes máis de 18 anos non quedes indiferente e DOA SANGUE … son poucos os motivos que impiden doar sangue e moitas as razóns para facelo.

Advertisements

0 Responses to “Salceda participa na campaña de doazón de sangue”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: