Besada asina con Vicepresidencia a financiación para o remate da Galescola

A Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Carme Adán, visitou o Concello de Salceda de Caselas para asinar o convenio de colaboración entre ambas entidades para o acondicionamento exterior da Galescola de Salceda de Caselas, que abrirá as súas portas o vindeiro curso. A Xunta de Galicia vai aportar o 80% do orzamento (58.734 €), e o Concello de Salceda de caselas farase cargo do 20% restante (14.683 €). A Galescola, que vai ter 60 prazas para nenas e nenos de 0 a 3 anos, crea ademáis nove postos de traballo no concello: 3 mestres, 5 educadores e 1 persoa de servizos xerais. Na actualidade está abertos os prazos de contratación de persoal e de reserva de praza para os nenos e nenas.

Marcos Besada, alcalde de Salceda destacou a importancia da apertura da Galescola, con todo o que vai supoñer para a conciliación da vida laboral e familiar, dando así resposta á demanda dos pais e nais da vila. Salceda ten na actualidade 387 nenos e nenas de 0 a 3 anos, polo que a Galescola é un servizo primordial no concello. O alcalde sinalou que se está a cumplir o programa de goberno, construíndo unha Nova Salceda de Caselas para vivir, traballar e desfrutar. Neste senso destacou o cambio feito no proxecto inicial, eliminando o muro que ía pechar o edificio, abríndoo á Rúa Ador e creando un novo espazo de uso público. O Alcalde aproveitou tamén para agradecerlle á Vicepresidencia da Xunta de Galicia, e en especial a Carme Adán a súa implicación co Concello de Salceda de Caselas.

Pola súa banda, Carme Adán, sinalou que dende a Secretaría Xeral da Igualdade se lle está a dar unha especial importancia á dotación e creación de servizos, algo do que Galiza carecía ata o de agora. No caso de Salceda de Caselas alabou o bo facer da Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mónica Vizcaya, que está a transformar proxectos en realidades, contribuindo na creación dunha nova Salceda. A Secretaria Xeral de Igualdade destacou tamén a importancia do proxecto educativo das Galescolas.

Advertisements

0 Responses to “Besada asina con Vicepresidencia a financiación para o remate da Galescola”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: