O CDL de Mos acolle a mostra ‘O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción’

:: A mostra estará aberta no CDL de Mos até o 24 de xullo, de luns a venres, de 9 a 14 e de 16 a 19 horas ::

A exposición “O noso mundo, ou noso futuro, a nosa opción” inaugúrase no salón de actos do Centro de Desenvolvemento Local (CDL) de Mos, informa Gerardo Alonso, concelleiro de Medio Ambiente da corporación municipal.
A mostra, producida polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambental de Galicia, achega novos elementos relacionados coa situación actual do cambio climático, a súa influencia en Galicia e as opcións con que contamos para superar os seus efectos negativos. Ademais dos paneis informativos exhibirase de forma permanente un interesante documental sobre o tema.

Na información que brinda o CEIDA sobre a exposición sinálase que moitas das actividades que realizamos na nosa vida cotiá provocan, directa ou indirectamente, emisións de gases de efecto invernadoiro, o qeu trae como consecuencia a subida do nivel do mar, vagas de calor, tormentas e inundacións. Con esta exposición pretendese dar a coñecer a todos os galegos e galegas o problema do cambio climático, informando sobre as súas causas e consecuencias a nivel global e tamén en Galicia. Ademais intenta estimular a participación e reflexión dos visitantes propoñendo novos comportamentos e accións positivas co clima que fomenten un desenvolvemento máis equilibrado, social e ambientalmente.

Advertisements

0 Responses to “O CDL de Mos acolle a mostra ‘O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción’”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: