O concello negocia coa oposición a aprobación dos orzamentos

:: Raúl Francés móstrase disposto a negociar e inserir no documento as aportacións dos diferentes grupos ::

Os orzamentos do concello do Porriño irán a pleno o vindeiro xoves, 17 de xullo. Ata entón o grupo nacionalista, que elaborou o documento, terá tempo para negociar cos diferentes grupos políticos a  súa aprobación. Raúl Francés, alcalde da localidade asegura que está disposto a negociar e cambiar algunhas partidas neste proceso de negociación. “Nós estamos abertos a calquera negociación e calquera modificación que se consideren interesante, somos flexibles”.
Neste senso, Francés informa que falou xa con algúns grupos que se manifestaron a prol de chegar a acordos, “e espero que no pleno se completen eses acordos”, asegurou o alcalde, quen ademais apunta que moitas das partidas son investimentos necesarios para o municipio “nos que de seguro coincidimos”.

Oposición desencantada
De momento os grupos da oposición están a estudiar o documento e, á espera da comisión de goberno de Facenda, que se celebrará o martes, non queren dar moitos máis datos sobre as súas intencións con respecto ás contas, aínda que algúns dos que en principio se mostraban proclibes á negociación, agora xa non o están tanto. É o caso dos Independentes de Porriño. O seu voceiro, Gonzalo Ordóñez, asegura que farán “aquelas aportacións que consideramos necesarias para a aprobación do orzamento, aínda que moito nos tememos que a vontade dos cinco concelleiros do goberno é outra moi diferente á que veñen propagando na prensa”. Ordóñez apunta que “o único interese nos orzamentos é o de aprobar de rondón as dedicacións exclusivas e non telos (orzamentos) é a gran coartada do BNG para rexeitar as acusacións de ter paralizado o municipio, a súa gran desculpa diante do clamor veciñal que demanda actuar dunha vez”.
O que respecta aos outros grupos: Manuel Carrera, do PP, asegura que de momento están a estudar o documento, pero lamenta que a comisión informativa, na que agardan ter o informe de intervención, se celebre “tan tarde, a só dous días do pleno”.
Nin socialistas nin cidadáns se manifestarán ata despois da comisión informativa.

Advertisements

0 Responses to “O concello negocia coa oposición a aprobación dos orzamentos”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: