O Porriño acolle o 1º memorial Gabriel Carrera

:: O memorial, que homenaxea ao bailarín de Mos tristemente falecido, celebrarase o sábado 5 e o domingo 6 de xullo, no Pavillón Municipal do Porriño, con entradas a 7 euros ::

O acto de presentación contou coa presenza do Alcalde do Porriño, Raúl Francés; da Alcaldesa de Mos, Mª Jesús Escudero; e do membro da Escola de Baile Pasos, organizadora do evento, Miguel Abreu.
O 1º Memorial Gabriel Carrera constará de tres partes, unha primeira na que se celebrará unha proba puntuábel para o campionato estatal, unha segunda na que se celebrará o1ºCampionato Galego de Baile Standard, e unha terceira que consiste nunha competición internacional, na que participarán os campións do mundo Paolo Bosco e Silvia Pitton.

Entre 150 e 200 parellas procedentes tanto de Galiza como resto do Estado, así como de Portugal ou do resto de Europa, participarán no memorial. As idades das persoas participantes van desde os 3 até os máis de 60 anos. As entradas son a 7 euros.

O memorial iníciase o sábado pola tarde, co Campionato Galego, tendo o seu ponto álxido a partires das 20:00 horas, coa celebración do Campionato Internacional, e prolongándose na mañá do domingo, coa celebración do campionato puntuábel para o ranking estatal.

Na súa intervención, o Alcalde do Porriño, Raúl Francés, quixo lembrar a figura de Gabriel Carrera, destacando a súa recoñecida categoría como bailarín, así como as grandes capacidades pedagóxicas e humanas amosadas como mestre no concello porriñés. “A veciñanza da Louriña somos xente con memoria, e esta é unha grande oportunidade para que o mundo do baile rinda homenaxe a unha figura tan senlleira como Gabriel Carrera. Quero destacar a colaboración entre os concellos de Mos e O Porriño na organización do evento”, afirmou O Alcalde.

Pola súa banda, a Alcaldesa de Mos, Mª Jesús Escudero, lembrou a emotiva homenaxe realizada no seu concello “a un excelente bailarín e mellor persoa”. “A nosa foi unha homenaxe íntima, que agora se pretende completar con esta homenaxe de toda a familia do baile, que se xunta neste importante memorial”, declarou a Alcaldesa

Miguel Abreu, da Escola de Baile Pasos, afirmou que o campionato se celebra no pavillón municipal porriñés polas súas mellores condicións técnicas, e pola relación de Gabriel co concello porriñés, no que traballou na formación dos máis pequenos e pequenas. Miguel Abreu destacou o bo momento que está a vivir o baile na zona, “a comarcas da Louriña e unha das máis puxantes de Galiza no tema do baile, e a nosa cercanía co veciño Portugal fai que muitos veciños e veciñas deste país se acheguen até aquí para bailar.”; e a intención de consolidar o evento por parte da organización, “Pretendemos que este campionato perdure no tempo, consolidándose como unha competición de referencia en Galiza” , sinalou Miguel Abreu

Advertisements

0 Responses to “O Porriño acolle o 1º memorial Gabriel Carrera”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: