O PP deixa tres postos na súa executiva para a posible incorporación dos concelleiros independentes

:: Louzán pide a Raúl Francés que se someta a unha moción de confianza ::

Os 280 afiliados do PP local están convocados este sábado para elixir a nova executiva local, da que se presenta unha única candidatura encabezada por Manuel Carrera e composta por 19 persoas – catro de elas novas incorporacións. Ademais Carrera deixou tres postos libres con previsión a posibles incorporacións, que non se descarta, segundo recoñeceu esta mañá en roda de prensa, que sean os edís dos partidos independentes en vista a un futuro pacto do centro dereita no Porriño. “Aquí estamos para unir, por suposto que existe esa posibilidade”, asegura Manuel Carrera, mentres o presindete do PP provincial, Rafael Louzán, aseguraba que “as portas do PP están abertas  de par en par para as persoas que están dentro da nosa sintonía Política”.

Neste senso o concelleiro popular asegura que seguen en conversas cos independentes para un posible pacto de goberno. “Temos un magnífico entendemento con IdP, hai moi boa sintonía”, aseguraba Rafael Louzán, sacando importancia a que os independentes se ofrecesen a pactar con BNG e PSOE, e sinalando que a maior proba desta “boa sintonía”, deuse o día do pleno de investidura no que os independentes votaron como alcalde a Carrera. Cos que parece que aínda non contan os populares son cos edís de Ciudadanos por Porriño, a quen aseguran quen non lles darán a alcaldía para conseguir o pacto. Polo de pronto esíxenlle “responsabilidade política para avenirse ao pacto”.

A mesma “responsabilidade política” esixiulle Rafael Louzán a Raúl Francés, pedíndolle que se someta a unha moción de confianza, “algo lóxico na labor dun alcalde en minoría e que non da conta do recado”, asegurou. Sen embargo non descartan apoialo nos orzamentos, que empezarán “a estudar detidamente a partir da semana que ven.

Tamén Anxo Quíntana manifestouse hoxe neste senso loubando a iniciativa do concelleiro popular. “Agradezo ao PP a súa disposición a colaborar”, dixo antes da presentación da maqueta do novo centro de día do Porriño, asegurando que “Francés está en total disposición de dialogar e o resultado dependerá de que teñamos puntos de encontro, tendo unha boa oportunidade de averigualo cos orzamentos”. Tamén asegurou que esperaba que o resto das formacións do municipio presentasen esta “disposición”.

Congreso
O congreso local do PP do Porriño terá lugar este sábado a partir das sete da tarde. O PP invita a asistir a todos os seus simpatizantes e afiliados.

A candidatura de Manuel Carrera – a única qeu se presenta – chega  con 112 avales que se presentaron este mesmo luns. É, segundo Rafael Louzán “o inicio dunha nova etapa moi ilusiónante para o PP que espero que salga reforzado”. O presidente provincial destacou a constancia, o traballo e a dedicación da nova executiva.

 

Advertisements

0 Responses to “O PP deixa tres postos na súa executiva para a posible incorporación dos concelleiros independentes”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: