Nito Pereiro, o Bar Celtiña e as antigas telefonistas entre os Premios Círculo’08

Sede da última centralita manual de teléfonos do Porriño situada
ao carón da igrexa parroquial

:: A Escola Municipal de Música e o xogador de baloncesto Javier Rodríguez, no apartado de Deporte, completan o elenco de galardoados que recollerán o premio nunha gala que terá lugar o próximo 5 xullo ::

:: O prazo de inscrición para a cea previa á gala xa está aberto ::

Un ano máis o Círculo Recreativo Cultural do Porriño celebra a súa noite de gala coa entrega dos Premios Círculo, uns galardóns con historia que se converteron en todo un referente no municipio desde que comezaron a súa andaina en 1987. A gala terá lugar o próximo 5 de xullo, sábado, e nesta ocasión será presentada polos xornalistas de A PENEIRA María Díaz e Diego Giráldez. Está aberto xa o prazo de inscrición para os socios e socias que desexen participar.

Música, deporte, lembranza, educación e cultura e mención especial, son os cinco apartados a través dos cales o CRC, durante todos estes anos, recoñece a traxectoria de persoas, colectivos ou entidades de Porriño que desenvolveron unha labor relevante, ben a favor do municipio ou ben levada a termo de maneira salientada desde diferentes ámbitos.

Os premiados deste ano

Este ano a entidade porriñesa quixo premiar no apartado de Educación e Cultura a Nito Pereiro, pola súa recoñecida traxectoria no mundo da pintura así como polo seu labor inculcando os seus coñecementos desta técnica a persoas de diferentes idades.

O premio á Lembranza recaeu este ano nas antigas telefonistas do Porriño, un oficio xa desaparecido que o CRC, con este galardón, quixo rescatar do pasado.

Javier Rodríguez, o xogador porriñés do Ricoh Manresa e considerado un dos mellores bases da liga ACB, será galardoado co premio ao Deporte.

O Premio Círculo á Música recaeu na Escola Municipal de Música, onde centos de rapaces e mozos teñen a oportunidade de adentrarse nesta disciplina dunha maneira didáctica.

O bar Celtiña, un dos máis emblemáticos do Porriño e un dos que gardan máis historia entre súas paredes, será recoñecido polo CRC co premio de Mención Especial.

Advertisements

1 Response to “Nito Pereiro, o Bar Celtiña e as antigas telefonistas entre os Premios Círculo’08”


  1. 1 Cuquín 27 Xuño 2008 ás 07:54

    Buen acierto en la concesión de estos premios. A veces resulta difícil buscas personas o entidades que lo merezcan, pues ya son muchos los años transcurridos otorgándolos. Pero siempre aparecen, en el presente o en el pasado, quienes reúnan méritos suficientes… pues Porriño es mucho Porriño.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: