O Servizo Provincial de Transportes iniciou tres expediente sancionadores contra a concesionaria da liña de autobuses Os Valos–Puxeiros

Tralas denuncias formuladas, tanto polo concello como polos veciños, a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, Dirección Xeral de Transportes, Servizo Provincial de Transportes de Pontevedra, iniciou tres expedientes sancionadores onde se califican os fietos como “infraccións moi graves”.

O concello de Mos leva denunciando o mal funcionamento da liña en varias ocasións xa dende decembro do 2006. Inicialmente a empresa incumpría algúns horarios pero actualmente o servizo é nulo.

A Dirección Xeral de Transportes requeriu á empresa nun escrito de data 09/05/08, que de xeito inmediato restablecera as liñas de expedición cos seus correspondentes horarios, pero esta, ademáis de non cumprir, non acepta deixala concesión porque, segundo eles, non hai xente nas paradas. Dende o Concello de Mos achacan este feito a que a xente non se arrisca a agardar por un autobús que, con seguridade, non vai pasar.

O Concello de Mos transmitiu á Directora Xeral o interese de dispor dun servizo de transporte acorde cas necesidades dos veciños.

Advertisements

0 Responses to “O Servizo Provincial de Transportes iniciou tres expediente sancionadores contra a concesionaria da liña de autobuses Os Valos–Puxeiros”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: