Nélson Santos: “Parece que somos o único grupo que está a facer oposición”

:: O voceiro do grupo municipal de Ciudadanos por Porriño non quere facer valoracións sobre os ofrecementos de pactos de goberno que se están a suceder no Porriño ::


Non hai valoracións, pero si unha conclusión: “Parece que somos o único grupo que está a facer oposición” no Porriño. Así o ve Nelson Santos, voceiro do grupo municipal de Ciudadanos por Porriño,o único grupo representado no concello que non ofreceu os seus concelleiros para conformar goberno nesta lexislatura.

Santos si apoiará os orzamentos “se nos convencen”, e non os supeditarán á entrada no goberno. Neste senso, o voceiro de CxP apunta que a labor da oposición e a de fiscalizar ao goberno, algo que o seu partido seguirá a facer, asegura. Non ve tan claro que PSOE, PP ou Ide P poidan dicir o mesmo cando están a negociar con Francés.

En canto a conveniencia ou non de que un grupo nacionalista e un grupo de centro dereita conformen goberno Nelson asegura que non ten nada que dicir e que “cada partido é libre de tomar as súas propias decisións e de ver que fai co poder que lle outorgaron os seus votantes”.

Santos non é amigo dos pactos. Proba de elo é a súa premisa durante a campaña electoral, na que asegurou aos seus votantes que non apoiaría para chegar a alcaldía “a ningún outro candidato doutros partidos, indistintamente da súa ideoloxía,”. Así o fixo ata o de agora, evitando que se conformase un pacto de goberno da dereita. PP e IdeP, ante a imposibilidade de pactar con Santos, e en busca dun goberno estable para o municipio ofrecen agora os seus concelleiros ao goberno do BNG. O fai tamén o PSOE, aliado natural dos nacionalistas, con quen xa gobernaron na pasada lexislatura.

O BNG de momento segue a estudar as propostas.

Advertisements

1 Response to “Nélson Santos: “Parece que somos o único grupo que está a facer oposición””


  1. 1 banca 25 Xuño 2008 ás 07:56

    Si, pedindo que se poñan os horarios dos buses na Avenida de Galicia.

    Esa foi toda a oposición de Nelson Santos….


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: