Francés, ante as propostas de pacto, afirma que ‘o BNG sempre foi unha forza de diálogo’

 

O Alcalde do Porriño, Raúl Francés, a raiz das declaracións do Partido Popular do Porriño sobre o ofrecemento de acordo co BNG no Concello, quere facer as seguintes declaracións:


” O BNG do Porriño, e o BNG en xeral, sempre se significou pola súa capacidade dechegar a acordos coas distintas forzas políticas.

 Como Goberno e como forza política máis votada, temos a obriga de escoitar as propostas de todos os grupos da Corporación para conquerir o noso obxectivo final, que non é outro que o benestar dos veciños e veciñas do Porriño.

 Xa na anterior lexislatura esta Alcaldía, e o grupo municipal do BNG, demostramos a nosa capacidade de diálogo e consenso, o que levou a que no Porriño se producisen cambios positivos e significativos.

Desde o comezo da actual lexislatura, e conforme á nosa liña de actuación, seguimos tendendo a man aos diferentes grupos para alcanzar acordos de maioría que permitan continuar a liña de cambio iniciada. Si ben até o de agora, os nosos ofrecementos non foron atendidos en grande medida, celebramos que tanto PP, como PSOE e IP, parezan modificar a súa atitude e estar dispostos a chegar a uns entendementos aos que nós, evidentemente, nunca estivemos pechados.

No debate do Orzamento, que se abre esta semana, os diferentes grupos terán ocasión de demostrar esta atitude aberta e positiva. O BNG está seguro da posibilidade de chegar a acordos beneficiosos para a cidadanía, que agarda que O Porriño poda contar cunhas bases orzamentarias estábeis que permitan levar a cabo os proxectos que o vecindario demanda.

O BNG, como forza autónoma e con proxecto político propio, non ten atadas as mans cando se trata de buscar o benestar social local e galego, e polo tanto, garantiza a quen fai ofrecemento de diálogo na procura de acordos para garantir gobernabilidade, que o resultado das conversas que se produzan, e dos acordos aos que se poda chegar, estarán en función de que beneficien ao conxunto da cidadanía a quen servimos”.

Advertisements

1 Response to “Francés, ante as propostas de pacto, afirma que ‘o BNG sempre foi unha forza de diálogo’”


  1. 1 Lolo 19 Xuño 2008 ás 12:43

    A mi pareceme coma sempre cos ciudadans van por diante dos polícos. Hoxe en día según as circunstacias a xente pode votar un día o BLOQUE e outro o PP. Salvo a xente moi posicionada que non cambía nunca o voto. Polo tanto e positivo que polo ben dun pobo podan unirse forzas de diferente ideoloxia (en algúns temas contrarios) xa que nun pobo non se van a probar leis sociais, nin educativas… simplemente medidas para avanzar urbanisticamnete sobre todo. Pois adiante polo ben de Porriño


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: