Manuel Carrera: “non negociarei co BNG ata recibir o visto bo do partido”

:: O voceiro do PP non descarta entrar nun goberno de coalición cos nacionalistas “como acto de responsabilidade para co Porriño”  ::

Para Manuel Carrera, voceiro do grupo municipal do Partido Popular no Porriño, “o avance e crecemento do pobo é o primeiro, por riba dos intereses partidistas” polo que “se fora necesario, como acto de responsabilidade” estaría disposto a entrar nun goberno de coalición co BNG, sempre que reciba o visto bo do partido. De momento Carrera asegura que aínda non falou coa cúpula do PP porqeu tampouco existen negociacións. Farao se chega algunha proposta dos nacionalistas. A premisa para Carrera son os ozamentos. “Os aprobaremos se realmente benefician ao pobo e non están pensados de cara as vindeiras eleccións”.

A dos populares é a terceira oferta de pacto que chega ao BNG a través dos medios de comunicacións. Primeiro os socialistas, logo os Independientes de Porriño e finalmente os populares. No que a opinión pública se refire ao alcalde tan só lle faltan os concelleiros de Ciudadanos por Porriño. Con ningún destes partidos hai, polo momento, negociacións en firme.

Polo momento Raúl Francés, que segue a traballar nos orzamentos,  non fai declaracións ao respecto. As fará previsiblemente o venres, cando xa convocou aos medios de comunicación para unha comparecencia.

Advertisements

0 Responses to “Manuel Carrera: “non negociarei co BNG ata recibir o visto bo do partido””



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: