A executiva socialista de Salceda valora como positivo o primeiro ano de goberno en coalición


A executiva local do PSdG-PSOE de Salceda reuniuse en sesión extraordinaria para facer balance do primeiro ano do pacto de goberno municipal co B.N.G. en Salceda de Caselas, e en concreto, da xestión das súas áreas de goberno: Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e Ensino e Emprego.

A executiva socialista considerou positivo o camiño percorrido ata o de agora no pacto de goberno en canto ós logros acadados para Salceda, ainda que non exento de dificultades na xestión política do mesmo. Os socialistas apostan por seguir mantendo a liña de colaboración actual xa que o consideran imprescindible para arranxar os problemas que ten nestes momentos o Concello.

A Secretaria Xeral dos socialistas de Salceda e Concelleira de Ensino e Emprego, Marina Cabaleiro, salientou os logros da súa concellaría neste primeiro ano de goberno, entre os que destacou a consecución do Obradoiro de Emprego que se está a desenvolver en Salceda na actualidade, cun orzamento de casi un millón de euros e que está a dar formación e traballo a máis de cuarenta persoas. Con este Obradorio estase a reformar o antigo concello de Salceda para convertilo nun espazo dedicado integramente a equipamentos culturais (biblioteca municipal, hemeroteca, sala de exposicións, a oficina de OMIX, entre outros). Así mesmo, mediante o citado Obradoiro tamén se vai a levar a cabo o acondicionamento do xardin do Colexio “Raiña Aragonta” e si o orzamento o permite, acondicionarase un auditorio ó aire libre no Centro Ocupacional do Torrón en Entenza.

Polo que respecta a area de Educación, a Concelleira fixo fincapé nas importantes reformas levadas a cabo en todas as escolas unitarias das parroquias de Salceda, a fin de mellorar o estado das mesmas, reformas que nalgún caso ainda están pendentes de rematar, sobor de todo, pola falta de presuposto para levalas adiante. A concelleira manifestou que en breve e colocarán as ventanas novas no Colexio Público Altamira por un importe de trescentos mil euros.

Marina Cabaleiro suliñou que o proxecto máis importante no que está a traballar nestes momentos é conseguir os terreos para a construción dun novo colexio de primaria en Salceda, algo ó que se comprometeu a Consellería de Educación no momento que existan os terreos, así como tamén a implantación dun comedor escolar.

Pola súa banda o Concelleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Enrique Cabaleiro, manifestou que o logro máis importante da súa Concellaría neste primeiro ano de goberno foi lograr a aprobación do Proxecto de Abastecemento de Auga a Salceda procedente do Río Oitavén, pola Xunta de Galicia, obra que conta cun orzamento de tres millóns de euros e que permitirá a Salceda ter un caudal de abastecemento importante como para non padecer falta de auga en épocas de seca, así como tamén a mellora na calidade da mesma.

O Concelleiro de Medio Ambiente tamén fixo fincapé nas importantes actuacións que se están a levar a cabo en materia de xestión de residuos, eliminando vertedoiros e reciclando gran cantidade de residuos, facilitando para iso os medios os veciños coa posta en marcha de varias iniciativas, totalmente gratuitas e que están a ter bastante éxito, tanto, que segundo o Concelleiro “moitas medidas levadas a cabo están a ser copiadas polos Concellos veciños”.

Enrique Cabaleiro salientou como necesidade máis urxente a apertura canto antes a depuradora de Guillarei, como solución ós múltiples problemas de depuración que está a ter Salceda, apertura que segundo a Consellería de Medio Ambiente podería producirse no mes de Outubro.

Para finalizar manifestou que as prioridades da súa Concellaría para o futuro van ser a de desenvolver a Axenda Local 21 en Salceda e incluir ó Concello na rede galega de núcleos de sostibilidade, para o cal espera contar co apoio do Alcalde, así como a adecuación dos importantes espazos naturais que hai no municipio, con especial atención ó Río Caselas, o espazo de Rede Natura nas Gándaras de Budiño e os distintos lugares de interés natural e paisaxístico existentes.

Advertisements

0 Responses to “A executiva socialista de Salceda valora como positivo o primeiro ano de goberno en coalición”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: