Ordóñez e Vaqueiro rondan a Francés para chegar a un pacto de goberno

:: Cos cinco concelleiros destas dúas formacións políticas o BNG podería obter a maioría absoluta que lle permitiría aprobar os orzamentos ::

 Os líderes de PSdeG-PSOE, Iván Vaqueiro, e IdeP, Gonzalo Ordóñez, formacións con tres e dous concelleiros respectivamente, veñen de tender a man ao actual alcalde para chegar a un pacto de goberno que posibilite “que O Porriño non siga paralizado tres anos máis”, en palabras de Gonzálo Ordoñez, voceiro da formación independente.

Os cinco concelleiros que aportarían senllas formacións ao goberno, sumados aos cinco dos que xa dispón o BNG, permitirían ao concello sacar adiante os orzamentos.  As únicas condicións que poñen, en principio, PSOE e IdP é que o reparto de áreas estea en función da representación de cada partido. Ademáis os socialistas apuntan que este posible tripartito debería establecer un programa de goberno conxunto antes de asinar o acordo de goberno, para evitar posibles disonancias.

Iván Vaqueiro foi o primeiro en tender a man aos nacionalistas, logo de máis dun ano do seu apoio á investidura de Raúl e moitos meses dende que se romperan as negociacións entre ambos grupos. Estas negociacions non chegaron a bo porto, entre outros motivos, porque o BNG non obtiña maioría tan só cos concelleiros socialistas, sen embargo agora que os independentes se suben ao carro a cousa pode ser diferente.

“IdeP está disposto a que Porriño non siga paralizado tres anos máis por caprichos persoais nin por xuros partidistas. E se eses caprichos impiden o que goberne a maioría natural de centro elixida polos veciños estaríamos dispostos a coadxudar á gobernabilidade doutro modo, menos democrático, pero non xa que logo menos lexítimo”, asegurou Gonzalo Ordoñez a A Peneira da Louriña.

Pola súa banda, Vaqueiro invitou a Francés a reflexionar con serenidade sobre a necesidade de sentarse a negociar un goberno estable, porque segundo el, “se quere ser un bo alcalde, debe actuar de xeito que garantice o mellor goberno, e parece lóxico pensar que un goberno de maioría é mellor que paralizar Porriño”. Para o voceiro socialista este pacto é indispensable, “non só para aprobar os orzamentos, senón tamén para modificar as taxas, aprobar medidas de medio am biente, de infraestructuras, servizos….”.

Entrevista a Gonzalo Ordóñez, portavoz de IdeP

“Se uns non queren e outros non poden, que nos queda?”

-Os Independentes de Porriño están dispostos a formar parte dun goberno xunto ao PSOE e ao BNG?
-IdeP está disposto a que Porriño non siga paralizado tres anos máis por caprichos persoais nin por intereses partidistas. E se eses caprichos impiden que goberne a maioría natural de centro elixida polos veciños estariamos dispostos a coaxudar á gobernabilidade doutro modo, menos democrático pero non xa que logo menos lexítimo.
-Cales son as vosas condicións?
-Que os intereses veciñais presidan a acción dese hipotético goberno e que a representación fose naturalmente proporcional aos votos obtidos.
-En que situación se atopa a relación de IdeP co PP? Non cre que as túas afirmacións sobre ese hipotético pacto poden dañarla?
-O noso interese prioritario é e foi sempre o de Porriño, por riba de intereses de partido. Demostrámolo con feitos. E sentimos que algúns veciños antepoñan co seu voto o interés do partido ao xeral. Por suposto, non nos arrepentimos do paso dado. Non hai maior orgullo que ser garante sempre das profundas conviccións, aínda que ás veces vaian contracorrente. Xa sabemos: é fácil dicir sempre amén, aínda que moitas veces non encerra máis que cobardía. A nós ningún interese de partido nos mediatizará na procura do mellor para Porriño. E tampouco creo que o PP opine diferente ao que nós decimos.
-Ve vostede a Francés como alcalde durante toda a lexislatura?
-Si, claramente. Se uns non queren e outros non poden, que nos queda? Seguir presentando mocións para regoci  xo do BNG e escarnio dunha oposición incapaz de plasmar o que anunciou en campaña. Que os veciños mediten o voto dado.

Advertisements

1 Response to “Ordóñez e Vaqueiro rondan a Francés para chegar a un pacto de goberno”


  1. 1 lector 16 Xuño 2008 ás 08:05

    ¿Por qué non responde Raúl? Os porriñeses e porriñesas temos dereito a que se diga se quere pactar ou non!!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: