Mos está de festa

:: Xosé Manuel Ojea, voceiro do BNG, e María José Escudero, alcaldesa de Mos ::

O municipio de Mos celebra a súa festa local, a Festa da Rosa. No Multiusos das Pozas tivo lugar o pregón inaugural a cargo da Turre´s Band, a actuación da Banda xuvenil de Torroso e a entrega de premios dos diferentes certames.

Na categoría de ramos de rosa quedou en primeiro e segundo lugar Josefa González, e en terceiro Pablo Fernández. Na categoría de fotografía o primeiro premio foi para Xoán Diéguez (“Sepia Eulalia”), o segundo para Manuel Sio (“Quinteto de pedra”), o terceiro para Martiño Pícallo (A-Mos-Arte”), e tres accésits que recaeron en Miguel Ángel Edreira (“Campanario”), Raquel Monzón (“O revivir das nosas raíces”) e Agustín Abreu (“A sombra de Ledicia”). Os certames de Roseiras e Relato Curto quedaron baleiros nesta edición.
Tamén se procedeu a entregar os prezos do certame do cartaz deste ano que recaeu en Lorena Fernández (1º premio), Mirian Rodríguez (2º premio) e Adrián Hermida (3º premio).

Artesania
Durante toda a mañá máis de trinta palilleiras amosaron o seu traballo en directo no interior do salón de actos do Multiusos. Noutra das dependencias estaban en exposición os traballos realizados durante o ano polas asociacións culturais do municipio. No exterior un posto dos criadores da “galiña de Mos” informou desta variedade autóctona.

Advertisements

0 Responses to “Mos está de festa”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: