Pereira reuniuse cos veciños de Budiño para informarlle dos traballos de saneamento na parroquia

 

O Concelleiro de Vías e Obras, Pedro Pereira, reuniuse coa veciñanza da zona para solicitar permiso de utilización e paso para a instalación dos colectores. O sábado produciuse unha segunda reunión na que o concelleiro visitou sobreo terreo, xunto con veciños e veciñas, os puntos exactos de afección das fincas.

O Concello do Porriño informa, a través da súa Concellaría de Vías e Obras, dirixida por Pero Pereira, da reunión mantida polo concelleiro con veciños e veciñas de Budiño, para solicitar o permiso de autorizacón de paso para a instalación dos colectores que conforman o sexto ramal programado para a parroquia de Budiño. Este ramal afecta aos barrios de Vitureira, Carreiras, O Eido Vello chegando até a Poza do Camiño.

O prazo de execución deste ramal será de dous meses desde o inicio das obras. Actualmente, estan xa executados os ramais 1 e 2, atopándose en fase de execucución o ramal 5. As obras de saneamento da parroquia de Budiño, financiadas na súa integridade pola Consellaría de Medio Ambiente a través de Augas de Galicia, están orzamentadas en 285.916,37 €. As xestións que permitirán construir os colectores centrais de Budiño, comezaron no ano 2005, cando a Concellaría de Vías e Obras dirixida por Pedro Pereira propuxo á Alcaldía a necesidade de solicitar a Augas de Galicia financiación para os proxectos de saneamento das parroquias de -Atios e Budiño.

É clara a incedencia positiva desde o punto de vista sanitario e ambiental que producirá a instalación de colectores de saneamento nas vidas dos habitantes deste núcleo rural de Budiño, quenes poderán conectar directamente as augas fecais aos mesmos, para a súa posterior depuración a través dos colectores e do sistema de depuración que leva a cabo a Confederación Hidrográfica do Norte dentro das obras de saneamento integral da Conca do río Louro Recentemente, o Concello do Porriño fixo unha proposta a Augas de Galicia para a cosntrucción dun colector pola beira do Río Tinto, desde O Cerquido até Sanguío. Este colector daría servizo a parte dos barrios de Chan e Casal, así como aos barrios de Trapa, Mosteiro e Sanguío.

Desde a Concellaría de Vías e Obras, dirixida por Pedro Pereira, reitérase o compromiso do goberno do BNG coa paulatina instalación de redes de saneamento en todos os nucleos rurais do municipio, tanto a través da financiación propia, como da colaboración con outras administracións.

 

 

Advertisements

0 Responses to “Pereira reuniuse cos veciños de Budiño para informarlle dos traballos de saneamento na parroquia”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: