O concello de Salceda humanizará e peonalizará a rúa Doutor Zunzunegui


:: A consellería de Innovación e Industria está a estudar o proxecto e posiblemente aprobará unha subvención ::

O Concello de Salceda de Caselas quere humanizar a rúa Doctor Zunzunegui  que logo das obras, que no proxecto ascenden a 300.000 euros, pasará a ser peonil, co que a praza do Concello ampliarase en 550 metros cadrados cubertos de granito. Manterase, iso si, unha zona central de paso para carga e descarga e acceso a garaxes.

O obxectivo final, segundo explica o alcalde da localidade, Marcos Besada, é incentivar ao comercio xa que así a praza do concello integrará todo o comercio na zona central de Salceda. En palabras do rexidor “o comercio é fundamental, porque non queremos que Salceda sexa unha vila dormitorio, senón unha vila para vivir, disfrutar e comprar”. Ademais o alcalde pretende que estas obras poñan en valor a praza e os seus elementos, como a antiga casa consistorial qeu se está a rehabilitar.

Así llo fixo saber a Directora Xeral de Comercio, Ana Rúa, que esta mañá estivo visitando a zona e coñecendo o proxecto, que xa foi presentado a consellería de Innovación e Industria. Rúa asegurou que “o proxecto ten todos os visos de ser tido en conta e resolto favorablemente pola consellería”, que podería aportar ata un máximo do 70% do orzamento.

Rúa visitou tamén as obras levadas a cabo na praza de abastos da localidade e desdtacou a súa importancia “porque actúa como motor do comercio da zona”

Advertisements

0 Responses to “O concello de Salceda humanizará e peonalizará a rúa Doutor Zunzunegui”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: