Están xa a venda as entradas para a cea benéfica contra o cancro en Mos

Como en anos anteriores, a Asociación Española contra o Cancro da Xunta local de Mos iniciou as actividades co obxectivo de que os veciños e veciñas esten informados e concienciados sobre esta doenza.

Por este motivo o día 5 de xullo de 2008 a Xunta Local de Mos organiza a Cea – Baile benéfica anual, que terá lugar no Pavillón Oscar Pereiro, ás 21:30 horas.

As persoas asistentes deberán pagar 30 euros e poden retirar as súas entradas nas vocais de cada parroquia ou na farmacia de Sanguiñeda. A venda de entradas pecharase o día 26 de xuño. Para máis información chamar aos teléfonos 986 33 18 49 ou 986 26 39 09. Os fondos recadados destinaranse á investigación relacionada coa enfermidade e a axuda a doentes sen recursos.

Advertisements

0 Responses to “Están xa a venda as entradas para a cea benéfica contra o cancro en Mos”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: