Vaqueiro: ‘PSOE, e penso que IdeP, estaríamos dispostos a negociar un goberno de maioría’

:: O Voceiro Municipal Socialista, Iván Vaqueiro cree que Raúl Francés debe explicar por que non quere negociar, o invitou a reflexionar sobre o mesmo e ofreceulle consenso fiscal sempre que non se grave á economía familiar ::

O Portavoz socialista saiu ao paso das declaracións de Raúl Francés sobre a xestión socialista dos orzamentos, afirmando que non responden á realidade. “Como Concelleiro de Facenda – afimou Vaqueiro- presentei 3 Orzamentos á Corporación, os dous primeiros (anos 2004 e 2005) foron votados en contra pola oposición, e o terceiro (no 2006), non se presentou porque na comisión informativa os grupos da corporación non apoiaban o documento. Pero naquel intre nin os independentes quería integrarse no goberno, nin por suposto o PP.

“Hoxe eso non pasa, afirmou Vaqueiro, porque PSOE e penso que IdeP estaríamos dispostos a negociar un goberno de maioría. “

“Se Porriño non ten inda Orzamentos – afirmou Vaqueiro- é responsabilidade absoluta de Francés por retrasalos e non negociar coa oposición un goberno estable que lle permita aprobalos. O que ten que explicar Francés ós porriñeses e porriñesas é porque existindo a posibilidade de ter un goberno de maioría absoluta, prefire a parálise e non quere negociar e se dedica a atacar ó PSOE”

Pacto e Consenso en temas Fiscais sempre que non se afecte á economía familiar

Vaqueiro correxiu tamén a Raúl Francés sobre a situación fiscal do Porriño, pois todas as Taxas do Concello foron actualizados ó IPC durante os catro anos de goberno, nos que o PSOE exerceu as competencias de Facenda, o que permitiu reducir a metade á débeda do Concello do Porriño, algo que segundo Vaqueiro “fixemos sempre en consonancia coa Alcaldía, polo que non son comprensibles agora as súas críticas”

“No mes de Setembro de 2007, cando se levaron as taxas e impostos a pleno sen ningún consenso por parte do BNG, recomendamos a Francés que non subira tanto a taxa de auga e lixo e vehículos, e pola contra, apoiamos a subida do IAE e o animanos a subir o Imposto de Construccións e Obras e o Imposto de Plusvalías, algo que Francés rexeitou. O socialista voltou a ofrecer a Francés o seu apoio para gobernar e para modificar as taxas e impostos do Porriño sen que afecte de maneira tan grave como pretendía ás familias de Porriño.

Por último, Vaqueiro invitou a Francés a reflexionar con serenidade sobre a necesidade de sentarse a negociar un goberno estable, porque segundo el, “se quere ser un bo alcalde, debe actuar de xeito que garantice o mellor goberno, e parece lóxico pensar que un goberno de maioría é mellor que paralizar Porriño”

Advertisements

0 Responses to “Vaqueiro: ‘PSOE, e penso que IdeP, estaríamos dispostos a negociar un goberno de maioría’”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: