O Alcalde do Porriño da conta no Pleno dos traballos de revisión catastral

O Alcalde do Concello do Porriño, Raúl Francés, comunicou ao Pleno Municipal que chegou a proposta de nova ponencia de valores para os bens de natureza urbana elaborada pola Xerencia do Catastro, dependente do Ministerio de Facenda. Esta proposta viría a sustituir á que está actualmente en vigor, do ano 87.

Na proposta de ponencia recóllense como dados sustanciais para facer a revisión, a antigüidade da ponencia actual, a aprobación dun novo Plan Urbanístico que modificou os valores do solo e as posibilidades de edificación en muitas zonas, e a necesidade de adaptar esta realidade para contribuir a unha maior xustiza imposistiva.

No Pleno, os Grupos Municipais foron informados de que dun primeiro exame desta ponencia, pódese deducir que os valores propostos están por baixo, de xeito sustancial, dos valores do mercado.

Após das reunións mantidas co Xerente Provincial do Catastro, Fernando Baena, e coa arquitecta responsábel do proxecto, pódese constatar que as diferentes zonas urbanísticas, tanto residenciais como industriais, modificadas polo PXOM, aparecen agora recollidas convintemente, desaparecendo as inxustizas impositivas resultantes de aplicar valores do ano 87 nunha realidade urbanística consolidada polo novo plan do ano 2003.

O Alcalde do Porriño anunciou, que denentes de emitir informe por parte do Concello, será convocada a Xunta de Portavoces para que os diferentes grupos políticos municipais podan manifestar o seu parecer sobre a mesma; e ademáis encargou aos Servizos de Urbanismo, un informe técnico sobre dita ponencia.

Advertisements

0 Responses to “O Alcalde do Porriño da conta no Pleno dos traballos de revisión catastral”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: