A Festa da Rosa xa ten cartel anunciador


:: Lorena Fernández é a autora do cartel gañador ::

     Acaba de seleccionarse o cartel que servirá de emblema para difundir o programa da Festa da Rosa, o día emblemático do Concello de Mos, que se celebra o 13 de xuño.

     O xurado, presidido pola concelleira delegada de Cultura e integrado por especialistas no campo artístico e representantes dos partidos políticos con representación na corporación municipal, outorgou o primeiro premio -consistente en 700 euros e a divulgación do cartel- á obra titulada “Pitufo” da gondomarense Lorena Fernández Gómez.

     Os accésits, cun premio de 200 euros cada un, recibírono os carteis presentados por Domingo Cerzón, Miriam Rodríguez e Adrián Hermida. As obras premiadas serán promovidas polo Concello de Mos e esta previsto, ademais, organizar unha exposición itinerante con todos os carteis presentados ao concurso.

Advertisements

0 Responses to “A Festa da Rosa xa ten cartel anunciador”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: