Ramón Barcia substitúe a Mariña Lourido como concelleiro do BNG

:: O novo concelleiro asumirá a área de Mocidade ::

A concelleira do BNG, Mariña Lourido, anunciou fai uns dias a súa dimisión como concelleira do BNG do Concello de Mos. A Asamblea Local do BNG xa se reuniu onte para considerar a mellor opción de sustitución para o cargo de concelleiro, unha vez que a executiva local do partido, encabezada polo portavoz municipal, estimara as distintas opcións posibles de cara a traballar nas áreas do novo goberno conferidas ó BNG.
 
 Según explicou o portavoz do grupo municipal, Xosé Manuel Martínez Ojea, a decisión de que fora unha persoa nova, co fin de asumir a concellería de Mocidade, fixo pensar en Ramón Barcia, veciño da parroquia de Torroso, como unha estupenda opción para asumir este cargo.

 Según Ojea, supón unha savia nova no grupo, supón darlle o agradecemento a toda unha parroquia que sempre apoiou ó BNG e supón unha aposta pola renovación dentro do grupo político.

 O BNG considerou como magnífica esta opción e onte mesmo presentaron no rexistro municipal do concello a renuncia ós situados na lista nos postos seguintes, coa finalidade de darlle paso a Ramón, que con tan só 24 anos, fai que a parroquia de Torroso vaia ter un concelleiro novo dentro do goberno municipal.

 Ramón Barcia é técnico superior en sistemas de telecomunicacións e está levando a cabo labores de coordinación e políticas de novas tecnoloxías dentro do BNG. Neste momento está coordinando as tarefas de comunicación no consello local.

 Para todos, comentou Ojea, supón un estímulo á continuación do traballo polo concello porque hai xente nova que comprende o esforzo que estamos facendo por darlle a Mos unha imaxe distinta.

Advertisements

0 Responses to “Ramón Barcia substitúe a Mariña Lourido como concelleiro do BNG”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: