A Peneira foi tamén protagonista do Festival de Cans

O director Juanma Bajo Ulloa bótalle unha ollada á entrevista que lle
 fixemos para a contra do noso Especial. [ FOTO LUIS OTERO ]

No torreiro, nas diferentes salas, nos bares, nos chimpíns… a edición especial que A Peneira fixo con motivo do Festival de Cans converteuse nun dos protagonistas do evento. Os veciños do lugar, os visitantes ou os actores convidados botaban man do noso suplemento para ler as entrevistas, as reportaxes ou consultar a programación.  Cans estivo sementado de “peneiras” durante os catro días e foi un pracer ver como a xente respostou ao noso traballo; foi un pracer recibir as vosas felicitacións e incluso ver como as nosas páxinas eran utilizadas para taparse da chuvia ou cubrir os bancos das salas para evitar manchar o pantalón. A Peneira estivo alí, cumpliu e foi un pracer…

Dende aquí querémoslle dar as grazas a organización do Festival por facilitarnos a distribución así como a nosa sincera noraboa pola perfecta laboura realizada durante os catros días.

Advertisements

1 Response to “A Peneira foi tamén protagonista do Festival de Cans”


  1. 1 sesi 2 Xuño 2008 ás 21:03

    Amigos da Peneira, son un dos compoñentes-organizadores do festival de cans (membro de Arela) moitas grazas polo especial. A verdade que con xente coma vos o noso (tamen voso) festival cada dia vai a mais un abrazo noraboa.

    A portada espectacular os convidados flipaban o ver o voso traballo.
    e un interior de dez, si señor como as boas casas bonita por fora e espectacular por dentro. nada mais un saudo a todos, especialmente a diego e maria (porque os coñezo claro), e a todolos que fixero este especial por certo AGARDAMOS VOS NO FESTIVAL DE CANS 09 xa queda menos


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: