PSOE e BNG asinan un pacto definitivo que levarán a pleno cos orzamentos en xuño

:: As dúas formacións séntense satisfeitas con este acordo e apuntan que reflectirá no mellor funcionamento do concello ::

M.D./ A.F.E.
Con medio ano de retraso pero ao final o acordo definitivo é oficial. A falta de que se reflicta no pleno a nova conformación do goberno o BNG deu xa o visto bo a última oferta do PSOE, logo de que fora refrendado polos seus militantes, que votaron a favor da sinatura cos socialistas na asemblea celebrada na noite do luns 19 de maio. “Para o BNG é requisito indispensable que os militantes voten o acordo de goberno e refrenden a negociación”, sinalou Xosé Manuel M. Ojea, voceiro nacionalista.

María Jesús Escudero, a alcaldesa do municipio, espera que o pleno no que se formalice a nova conformación de goberno se celebre a mediados do mes de xuño, tan pronto como se celebre a comisión informativa dos orzamentos, un documento que está case pechado e que resulta do consenso entre ambos grupos políticos. “Xa temos un preacordo de como se van a repartir as partidas, agora tan só falta redactalo”, explica, apuntando ademais que a final de ano agardan ter tamén os orzamentos do próximo exercicio, “que servirá para atender a todas as peticións dos veciños”. O reparto orzamentario foi dun 65% para o PSOE e do 35 % para o BNG, segundo os datos facilitados por este último partido.

As dúas formacións séntense satisfeitas con este acordo e apuntan que reflectirá no mellor funcionamento do concello. “Vai mellorar a atención dos veciños e como alcaldesa poderei estar un pouco máis liberada porque ata o momento entre tres tiñámolo que levar todo compaxinándoo co traballo diario de cada un”, explica Escudero.

Ojea, por outra banda, apunta que “o acordo deixa claro que o feito de crear un  goberno conxunto de maioría non implica a aceptación por parte do BNG de posturas favorables á creación dunha nova autovía que atravese o concello de Mos”.

Os líderes de ambas formacións aseguran que a relación continúa a ser “moi boa” entre ambos e que o acordo non chegou ata agora porque cada un debía sacar unha rendabilidade política.

Reparto de áreas

No goberno definitivo o BNG terá a tenencia de alcaldía, ademais das áreas de parques e xardíns, vías e obras municipais, patrimonio cultural, xestión do multiusos, cultura e promoción turística e xuventude, ciber e biblioteca, medioambiente e xestión da radio.

O grupo municipal do PSOE terá, como ata o de agora, a alcaldía, e quedarase tamén coas áreas de formación e emprego, educación, seguridade cidadá, xestión do CDL, sanidade, abastecemento, asuntos sociais, deportes, persoal, economía e facenda, patrimonio municipal, saneamento, recollida de lixo e enseres, alumeado público e urbanismo.

Ambas formacións terán dúas dedicacións exclusivas ademais da da alcaldesa e catro representantes na xunta local de goberno no caso do PSOE, e dous no BNG.

Advertisements

0 Responses to “PSOE e BNG asinan un pacto definitivo que levarán a pleno cos orzamentos en xuño”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: