Os concellos instan a Confederación Hidrográfica do Norte a retirar os

Nunha rolda de prensa conxunta, que contou coa presenza do Alcalde do Porriño, Raúl Francés; do Alcalde de Tui, Antonio Feliciano Fernández Rocha; a Alcaldesa de Mos, María Jesus Escudero Lago; e o Alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada Pérez; quixeron respostar ao anuncio da Confederación Hidrográfica.

Os alcaldes manifestaron que non ten sentido que a Confederación inste ás empresas a solicitar o enganche con un sistema que inda non está en marcha. Así mesmo, negaron que as obras da Estación Depuradora de Guillarei estexan rematadas desde o 2006 como afirma a Confederación, afirmando que non existe unha rede integral de saneamento nos municipios, ao faltar colectores de augas nos nucleos rurais, e que mesmo a propia instalación electrica da Depuradora non ten máis de dous meses. Os alcaldes dos catro concellos afirman que o proxecto inicial viuse sensíbelmente recortado.

Na súa declaración conxunta, os alcaldes dos concellos afectados afirmaron que nen os concellos nen a Xunta son responsábeis dos deterioros na Depuradora de Guillarei, e que se o Estado enmarcou esta obra como de interese xeral, este interese terá que ter o seu reflexo no mantemento.

Os Alcaldes quixeron destacar a laboura da Consellaría de Medio Ambiente, a quen consideran interlocutora dos concellos ante a Administración do Estado, e que está realizando un estudo sobre a situación da instalación e amosou o seu compromiso porque a posta en marcha da Depuradora non repercuta somentes na veciñanza dos catro concellos.

Por último, quixeron tranquilizar as empresas, afirmando que ningunha empresa vai ter que fechar por cuestións de verquidos, e enmarcaron as declaracións do Presidente da Confederación Hidrográfica como unha mera medida de presión na que non acreditan, agardando que a Depuradora entre en funcionamento canto antes para o beneficio da veciñanza da zona.

 

 

Advertisements

0 Responses to “Os concellos instan a Confederación Hidrográfica do Norte a retirar os”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: