Grupos do Porriño cantan a Álvarez Blázquez

 :: Trátase dunha iniciativa da concellería de Cultura e a Biblioteca do Porriño coa que queren levar as palabras a rúa ::

O Alcalde do Porriño e responsáble da Área de Cultura, Raúl Francés, presentou o proxecto Palabras Liberadas para Xosé María Álvarez Blázquez, DVD adicado á figura de Xose María Álvarez Blázquez no que se recollen diferentes versións musicais a mans de artistas do Porriño dun mesmo poema do autor ao que este ano se dedican as letrs galegas. Entre estes artistas atópase El Cubo, cuxo videoclip podemos ver no vídeo.
Unha segunda parte do DVD recolle a lectura de dfiferentes poemas do autor oa participación dos propios fillos do homenaxeado, Afonso, Celso e Xosé María Álvarez Blanco, ademáis de Manuel Forcadela, Luz Pozo Garza, Xavier Rodríguez Baixeiras ou Marga do Val, entre outros/as.

No acto de presentación do proxecto no Porriño, participaron, o Alcalde do Porriño, Raúl Francés; os responsábeis da Biblioteca Municipal, Albino Alonso e David Pérez; e dous dos grupos participantes no proxecto, Kedro e El Cubo.

O Alcalde do Porriño, Raúl Francés, destacou a dimensión que está a tomar este proxecto, que trascendeu o ámbito local para converterse nun referente das actividades programadas co gallo da celebración do Día das Letras Galegas a nível galego. Lembremos que o pasado Luns, Palabras Liberadas para Xosé María Álvarez Blázquez foi presentado no Centro Galego de Arte Contemporáneo de Santiago de Compostela, coa presenza do Director Xeral de Creación e  difusión Cultural, Xosé Luis Bará; e do propio Alcalde do Porriño, Raúl Francés.

O contido deste DVD amplificarase en todo o centro urbano (rúas peonís), a través dun sistema de megafonía, ao longo da semana do 12 ao 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas. Con esta iniciativa, a Biblioteca Municipal do Porriño pretende, máis unha vez, superar o seu propio espazo físico e liberar as palabras dos libros , sacando as súas actividades á rúa.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: